Inicio arrow Saúde Laboral arrow A sinistralidade laboral sube en Galicia no último ano un 9,17% e as enfermidades profesionais nun 8
 
     
Actualidade
A sinistralidade laboral sube en Galicia no último ano un 9,17% e as enfermidades profesionais nun 8 Imprimir E-Mail
Escrito por Isabel Lema   
miércoles, 25 de abril de 2018

A sinistralidade laboral sube en Galicia no último ano un 9,17% e as enfermidades profesionais nun 8,6%

28 de abril, Día internacional da saúde e seguridade no traballo

Un ano máis, este 28 de abril, convértese nunha data na que os sindicatos van alzar a súa voz en lembranza e recoñecemento público de todas apersoas traballadoravítimas dun accidente laboral ou dunha enfermidade profesional. Esta data tamén serve para denunciar e poñer en evidencia que os danos derivados do traballo son evitables e que tanto as empresas como as administracións teñen grandes responsabilidades nesta materia. No 2018, o 28 de abril UGT o celebra baixo o lema “Traballo seguro: é a túa saúde, é o teu dereito”.

Dende UGT denúnciase que, 22 anos despois da publicación da Lei de prevención de riscos laborais, constátase que gran parte dos seus obxectivos están aínda pendentes. Esta situación de incumprimentos agudizouse polas políticas de axuste impostas polos gobernos do PP en Madrid e en Galicia, sobre todo, pola reforma laboral. 

 

De feito, dende o 2013, coincidindo coa entrada en vigor da Reforma Laboral, Galicia sufriu un constante incremento da sinistralidade laboral. Neste período faleceron 267 traballadores en accidente de traballo en Galicia, presentando esta Comunidade un índice de accidentes mortais un 71% superior á media do Estado. 2017 supuxo o quinto ano consecutivo de incremento da sinistralidade laboral en Galicia, cun aumento dos accidentes no traballo entre 2013 e 2017 dun 19,86%. E o 2018, segundo os últimos datos dispoñibles referidos aos meses de xaneiro e febreiro, arranca coa mesma tendencia, con 4.449 accidentes rexistrados, fronte aos 4.074 do 2017 neste mesmo período. E, todo isto, a pesar da deficiencia e interesada catalogación dos accidentes: accidentes con graves consecuencias e longos períodos de recuperación notificados como leves e accidentes leves que non se rexistran. Figuras como o “descanso preventivo” ou os "permisos retribuídos”, que ocultan accidentes sen notificar, esténdense polas empresas deste país. E o que é peor, cada vez máis traballadores renuncian ao seus dereitos para recuperar a saúde por medo a perder o seu posto de traballo. A sinistralidade laboral, xunto coa precariedade, segue a ser unha das grandes lacras do mercado de traballo deste país, ademais, nunha alta porcentaxe dos casos ambas van da man. E as estatísticas neste senso seguen a ser moi incisivas pero non se pode esquecer que detrás destas hai traballadores mancados e no peor dos casos que perden a vida coas consecuencias que isto acarrea no eido laboral, económico e persoal para eles e as súas familias. NO 2017 REXISTRÁRONSE EN GALICIA 27.286 ACCIDENTES LABORAIS No ano 2017 en Galicia rexistráronse un total de 27.286 accidentes laborais, fronte aos 24.994 de 2016, un 9,17% máis que no 2016. Deste total, 43 foron mortais, 437 graves e 26.806 de carácter leve. Por sectores, en cifras absolutas, o servizos é o que máis sinistros rexistra, 13.436. Non obstante, os maiores incrementos danse na construción, cun aumento do 14,17% en relación ao ano anterior, aínda que os incrementos son bastante elevados en todos, dun 8,32% na agricultura; 12,89% na industria; e 7.09% no sector servizos; salvo na pesca onde baixaron os sinistros nun 4,43%. NO SECTOR DA CONSTRUCIÓN PÁSASE DE 5 FALECIDOS NO 2016 AOS 13 NO 2017 Destaca, pola súa negatividade, o forte incremento do número de falecidos no sector da construción, de 5 a 13 persoas, o que supón unha suba dun 160%. A SINISTRALIDADE MEDROU EN TODAS AS PROVINCIAS PERO EN PONTEVEDRA A SUBA FOI DE CASE UN 19% E DUN 12,5% NO CASO DOS ACCIDENTES MORTAIS Por provincias, aclarar que a sinistralidade medrou en todas, destacando o caso de Pontevedra, onde a suba foi dun 18,83%; o incremento foi dun 9,08% en Ourense; dun 4,85% en Lugo; e dun 3,27% en A Coruña. Ademais, na provincia de Pontevedra tamén se rexistra unha suba da sinistralidade de carácter mortal, ao pasar de 16 a 18 persoas falecidas, un incremento dun 12,5%. Acompañado isto nesta mesma provincia dun aumento dos accidentes leves, dun 19,6%, ao pasar de 8.007 no 2016 aos 9.576 no 2017. EN LUGO O NÚMERO DE SINISTROS GRAVES INCREMÉNTASE NUN 19,35% No relativo aos accidentes graves, destaca o caso de Lugo onde o aumento foi dun 19,35%, de 62 a 74 sinistros. Como se apuntaba en parágrafos precedentes, a tendencia ao incremento se mantén nos dous primeiros meses do ano 2018, ao pasar de 4.015 accidentes no 2017 aos 4.449 de 2018. Deste total, 4.377 foron accidentes de carácter leve, 68 graves e 4 mortais. OS ACCIDENTES “IN ITINERE” SOBEN PROGRESIVAMENTE ANO TRAS ANO A análise non pode esquecerse tampouco dos accidentes “in itinere” que soben progresivamente. Se no 2014 rexistrábanse 2.759; no 2015 foron 2.762; no 2016 un total de 2.895; e no 2017 ascendeu a cifra a 3.044. E, xa nos dous primeiros meses de 2018 van 522 accidentes “in itinere” rexistrados en Galicia, fronte aos 475 que se sucederon nos dous primeiros meses de 2017. De novo, é a provincia de Pontevedra a que rexistra unhas cifras máis elevadas, con 236 sinistros rexistrados. INFRADECLARACIÓN DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS QUE PROVOCA QUE O SEU CUSTE SEXA ASUMIDO POLO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE E NON POLAS MUTUAS Outra das pezas deste quebracabezas son as enfermidades profesionais que supoñen un custe para o Sistema público de saúde e para os traballadores. Aínda que se produce un aumento na declaración das enfermidades profesionais, UGT-Galicia considera que aínda se produce unha infradeclaración das mesmas porque moitas enfermidades que teñen orixe laboral non son consideradas como tal. Así é o caso das enfermidades profesionais de orixe multicausal e non exclusivo do traballo, como é o caso dos cancros e as enfermidades cardiovasculares. Ademais, no cadro español de enfermidades profesionais non se inclúe ningunha relacionada coa organización e a carga de traballo. Dende UGT-Galicia insístese en que esta infradeclaración das enfermidades profesionais provoca que o custe da súa xestión sexa asumido polo Sistema público de saúde, en lugar de polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social. Ademais, segue a rexistrarse unha alta porcentaxe de enfermidades profesionais declaradas sen baixa. UGT considera que isto pode deberse máis ao temor á perda do emprego na situación actual que á aplicación de medidas preventivas no seno das empresas e, por suposto, ao endurecemento das condicións para prescribir a baixa que aplican as mutuas. SERVIZOS E INDUSTRIA AGLUTINAN A PORCENTAXE MÁIS ELEVADA DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS No 2017 declaráronse en Galicia un total de 1.491 enfermidades profesionais, un 8,6% máis que no 2016. Deste total, a gran maioría danse nos sectores servizos (629) e na industria (750). 25 foron na agricultura, 20 na pesca e 67 na construción. AS MULLERES GALEGAS SOFREN MÁIS AS ENFERMIDADES PROFESIONAIS QUE OS HOMES Por xénero, dentro das enfermidades profesionais con baixa, destaca que se rexistra unha declaración superior no caso das mulleres (441), fronte ás 404 dos homes. Isto, a pesar da menor presenza das traballadoras no eido laboral. Concretamente, tanto no caso dos homes como das mulleres as enfermidades do grupo II nos sectores da industria e servizos son as máis declaradas. O grupo II refírese ás causadas por axentes físicos. A gran maioría son orixinadas por trastornos músculo esqueléticos que, sobre todo, afectan ás costas, pescozo, ombreiros e extremidades superiores. Nos casos máis crónicos poden derivar en discapacidade ou imposibilidade para traballar. A GRAN LACRA SON OS TRASTORNOS MÚSCULO ESQUELÉTICOS UGT-Galicia considera que urxe atoparlle unha solución ao problema que xeran os trastornos músculo esqueléticos. Empezando por previr nas empresas a orixe do risco, realizando avaliacións ergonómicas, implantando medidas preventivas e informando e formando, tanto aos traballadores e traballadoras, como aos seus representantes. O Sindicato insiste na importancia de conseguir un recoñecemento e declaración efectiva das enfermidades profesionais. Unha cuestión importante para todos, para a empresa, porque a prevención supón un aforro e non un custe, e para os propios traballadores, primeiro pola súa saúde e pola propia economía familiar, xa que un traballador enfermo recibirá un subsidio menor se ten recoñecida a súa enfermidades como continxencia común en lugar de como continxencia profesional. UGT-GALICIA DENUNCIAN FALTA DE VONTADE POR PARTE DA XUNTA E DOS EMPRESARIOS PARA POÑER FIN Á LACRA DA SINISTRALIDADE LABORAL UGT-Galicia xa leva tempo advertindo da gran lacra que supón para o mercado laboral galego os índices que presenta de sinistralidade. Unha barreira que, ano tras ano, parece non poder salvarse. Pero dende o Sindicato insiste en que si é unha barreira salvable e, cando menos, a curto prazo mellorable. Hai lexislación, hai medidas e medios que se poden implementar, o que falta é vontade por parte dos empresarios e da Xunta para poñerlle fin xa a esta lacra. Para UGT-Galicia, a prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde no traballo son aspectos de extrema importancia na sociedade e unha mala xestión trae da man consecuencias moi graves, ás veces irreparables, para os afectados, as súas familias e a sociedade en xeral. Neste contexto e no marco da conmemoración do 28 de abril, Día internacional da saúde e seguridade no traballo, UGT-Galicia reafírmase na idea de que para mellorar a prevención de riscos e reducir os danos á saúde producidos polo traballo é necesario acabar coas desigualdades e para lograr este obxectivo proponse: Derrogar as normas que impediron que todos os colectivos teñan o mesmo grao de protección da súa saúde, en particular as reformas laborais que estenderon a precariedade, instalando o medo a perder o emprego, individualizando as relacións laborais, dificultando o exercicio efectivo de dereitos e profundando na desigualdade. Reverter a reforma do marco xurídico das Mutuas que supuxo un recorte nos dereitos de traballadoras e traballadores e que só serviu para que estas invadisen competencias dos servizos públicos, privatizando a xestión de actividades que deberían ser exclusivas da Seguridade Social. Intensificar as políticas activas en materia de prevención dotando cos suficientes medios económicos e humanos aos organismos técnicos como o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene en Traballo. Reforzar os mecanismos de control do cumprimento da lexislación en materia de igualdade nas empresas e de loita contra a fraude laboral e a economía mergullada. Desenvolvemento da Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo 2016-2020 e da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020, facendo especial fincapé en todas as cuestións relacionadas coas enfermidades de orixe laboral. No marco da empresa, a incorporación da perspectiva de xénero na actividade preventiva. Ao mesmo tempo, é preciso que se recuperen os investimentos en prevención e a centralidade da negociación colectiva nas relacións laborais. A negociación colectiva está estreitamente ligada á presenza de sindicatos nos centros de traballo, o que constitúe a mellor garantía para o exercicio de dereitos e para a protección da saúde. O establecemento da figura do delegado de prevención territorial ou sectorial, xa que no conxunto do Estado existen máis dun millón de empresas con menos de 6 traballadores, das cales máis de 62.000 atópanse en Galicia, nas que traballan dous millóns de persoas que non teñen dereito a elixir un delegado de persoal. O obxectivo sería asegurar o exercicio ao dereito á saúde e á seguridade e os niveis de protección a estes traballadores nos mesmos termos que no resto das empresas. Incrementar a vixilancia e control das actuacións en materia de prevención de riscos laborais por parte da Inspección de Traballo e Seguridade Social. A recuperación dos investimentos públicos en materia de prevención de riscos laborais. Para conmemorar o 28 de abril, UGT vai convocar en Galicia os seguintes actos: ACTOS CONMEMORATIVOS DO 28 DE ABRIL LOCALIDADE DATA E HORA ACTO CONVOCADO LUGAR A CORUÑA 26 abril 12:30 H. CONCENTRACIÓN CONXUNTA CON CCOO CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS PZA LUIS SEOANE LUGO 27 abril 12:30 H. CONCENTRACIÓN CONXUNTA CON CCOO INSPECCIÓN MÉDICA PZA FERROL OURENSE 27 abril 11:00 H. CONCENTRACIÓN SEDE DE UGT OURENSE PARQUE SAN LÁZARO PONTEVEDRA 26 abril 11:00 H. RODA DE PRENSA CONXUNTA CON CCOO SEDE UGT PONTEVEDRA PASANTERÍA 1 VIGO 26 abril 10:30 H. ASEMBLEA DELEGADOS E DELEGADAS PREVENCIÓN SEDE UGT-VIGO GARCÍA BARBÓN, 67 VIGO 26 abril 12:00 H. CONCENTRACIÓN CONXUNTA CON CCOO XUNTA DE GALICIA CONCEPCIÓN ARENAL 8 FERROL 27 abril 12:00 H. ASEMBLEA DELEGADOS E DELEGADAS PREVENCIÓN SEDE UGT-FERROL CARMEN, 43-45 NOTA: A VOCEIRA DESTE TEMA É A SECRETARIA DE SAÚDE LABORAL E MEDIO AMBIENTE DE UGT-GALICIA, RAQUEL SEIJAS. TELÉFONO: 620787871.​
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE