Inicio arrow Gabinete Comunicación arrow MANIFESTACIÓN POLAS PENSIÓNS NA CORUÑA
 
     
Actualidade
MANIFESTACIÓN POLAS PENSIÓNS NA CORUÑA Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
martes, 20 de marzo de 2018

Foto de Ugt A Coruña.Centos de persoas dixéronlle ao Goberno basta xa e demandaron pensións dignas hoxe nas rúas coruñesas

Por unhas pensións dignas, pola recuperación do poder adquisitivo das pensións e contra a miserable suba do 0,25%

 

Centos de persoas saíron o pasado sábado á rúa na Coruñapara berrar que basta xa e demandar pensións dignas, a recuperación do poder adquisitivo das pensións e denunciar a miserable e irrisoria suba do 0,25%. Estas mobilizacións enmárcanse nunha campaña de ámbito estatal, que xa comezou en setembro de 2017 coas marchas polas pensións dignas, e que será sostida e crecente mentres o Goberno non mude a súa postura en relación ás pensións dos xubilados deste país.

UGT denuncia que as pensións perden poder adquisitivo e só se revalorizan un 0,25%, en cambio, todo sube, de feito, os prezos xa se sitúan este ano nunha media interanual do 1,1%.A pensión media sitúase en 918 euros e a máis frecuente en 650 e o 50% das pensións non chega ao SMI e o 38% dos pensionistas viven baixo o limiar da pobreza. Neste contexto, non se pode esquecer que as pensións son a fonte de ingreso de máis de nove millóns de persoas e que nos peores momentos da crise catro de cada dez pensións contribuíron a soster ao núcleo familiar.

UGT considera que o Goberno debe garantir xa o poder adquisitivo das pensións; erradicar o déficit da Seguridade Social e garantir o presente e futuro das pensións e do sistema público. O sindicato denuncia a actitude do Goberno que bloquea o diálogo social e non atende as demandas sindicais nin as iniciativas aprobadas no Parlamento para garantir o poder adquisitivo das pensións e derrogar a reforma de 2013.​Hai que eliminar as subvencións con cargo á Seguridade Social, cuxo custe debe asumir o Estado; porque hai que conseguir que os gastos do sistema se paguen como o resto dos organismos públicos, cos Orzamentos Xerais do Estado e non con cotizacións; porque hai que destopar as cotizacións; e porque hai que mellorar os ingresos do sistema, tanto os derivados de cotizacións como de ingresos fiscais.

Resulta fundamental protestar contra o empobrecemento duns pensionistas que perden poder adquisitivo por segundo ano consecutivo e esixir un modelo público de pensións eficaz e eficiente que é incompatible coa reforma aprobada polo Partido Popular en 2013.​As medidas impostas polo Goberno do PP nos afectan a todos, xa que o índice de revalorización e o factor de sustentabilidade supoñen a curto e medio prazo un recorte das pensións presentes e futuras e aféctannos a todos.

Modificado o ( martes, 20 de marzo de 2018 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE