Inicio
 
     
Actualidade
MAÑÁ 17 DE MARZO: MOBILIZACIÓNS DOS PENSIONISTAS Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
viernes, 16 de marzo de 2018
Foto de Ugt A Coruña.

MAÑÁ 17 DE MARZO: MOBILIZACIÓNS DOS PENSIONISTAS NA CORUÑA

Pensionistas e xubilados de UGT e CCOO convocan para este sábado, día 17 de marzo, mobilizacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra,Vigo, Vilagarcía, Viveiro, Foz, Ribeira, O Grove e O Barco de Valdeorras.

Nestas protestas confluirán con outras organizacións, nomeadamente asociacións de persoas pensionistas, para demandar prestacións dignas, demandar a recuperación do poder adquisitivo das pensións e denunciar a miserable e irrisoria suba do 0,25%.

Estas mobilizacións enmárcanse nunha campaña de ámbito estatal, que xa comezou en setembro de 2017 coas marchas polas pensións dignas, e que será sostida e crecente mentres o Goberno non mude a súa postura en relación ás pensións dos xubilados deste país.

Ambos sindicatos denuncian que as pensións perden poder adquisitivo e só se revalorizan un 0,25%, en cambio, todo sube, de feito, os prezos xa se sitúan este ano nunha media interanual do1,1%.

A pensión media sitúase en 918 euros e a máis frecuente en 650 e que o 50% das pensións non chega ao SMI e o 38% dos pensionistas viven baixo o limiar da pobreza.

As pensións son a fonte de ingreso de máis de nove millóns de persoas e nos peores momentos da crise catro de cada dez pensións contribuíron a soster ao núcleo familiar.

CCOO e UGT consideran que o Goberno debe garantir xa o poder adquisitivo das pensións; erradicar o déficit da Seguridade Social e garantir o presente e futuro das pensións e do sistema público.

Ambos sindicatos denuncian a actitude do Goberno que bloquea o diálogo social e non atende as demandas sindicais nin as iniciativas aprobadas no Parlamento para garantir o poder adquisitivo das pensións e derrogar a reforma de 2013.

Modificado o ( martes, 20 de marzo de 2018 )
 
< Anterior   Siguiente >