Inicio
 
     
Actualidade
ENTREGA DO PREMIO 8 DE MARZO 2018 Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
jueves, 08 de marzo de 2018

UGT Coruña-Cee conmemorou o día da muller traballadora coa entrega do premio 8 de marzo á Carmen Fernández Ramón

A Unión Xeral de Traballadores conmemorou o pasado 7 de marzo o Día Internacional da Muller Traballadora nun acto reivindicativo no que interviron Raquel Seijas, Secretaria de Saúde Laboral de UGT-Galicia e Isabel Lema, Secretaria de Igualdade da Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee.

Seijas abordou na súa intevención as problemáticas da muller no emprego dende a perspectiva da saúde e da prevención de riscos que afecta de maneira diferente a homes e mulleres. Seijas ofreceu tamén datos sobre a desigualdade laboral que sofren as mulleres en Galicia: "hai 107.000 mulleres desempregadas en Galicia, o que supón unha progresiva feminización do desemprego. As mulleres deixaron de percibir, por un traballo igual, máis de 5.000 euros ao ano". O mercado laboral feminino está caracterizado por unha masiva feminización dos contratos a tempo parcial, o 77,3% dos mesmos son desempeñados por mulleres (máis de 3 de cada 4).

Pola súa parte, Lema presentou os resultados do informe de UGT sobre a Situación Sociolaboral da Muller na comarcas da Coruña e Cee: "a provincia da Coruña conta con 74.653 desempregados, e case a metade delas non recibe ningún tipo d prestación. As cifras do paro constatan un maior número de mulleres desempregadas, 42 mil fronte a 32 mil na nosa provincia". No ano 2017 na comarca da Coruña houbo 36.044 persoas desempregadas, destas, 20.043, o 55,6%, son mulleres.

Así, en termos comparativos con anos anteriores, "a caída do desemprego que se produce no ano 2017 beneficia moito mais aos homes que ás mulleres. Así, o paro masculino na comarca contraeuse o 10% e o feminino fíxoo nunha porcentaxe inferior, o 5%".

Os datos amosan tamén que a corresponsabilidade non existe en Galicia, pois "as mulleres seguen a asumir maioritariamente os permisos e excedencias por coidado (9 de cada 10), o que limita o seu desenvolvemento profesional e merma os seus dereitos e prestaciones sociais".

O acto rematou coa emprega do Premio 8 Marzo de 2018 á delegada sindical, xa xubilada, Carmen Fernández Ramón, do sector limpeza. Carmen Fernández é unha muller que representa a un sector secto dobremente discriminado. Lembramos que as mulleres xubiladas están sendo dobremente penalizadas por ser as que menores pensións cobran, dado as diferencias salariais nos sectores altamente feminizados, e que máis están a sufrir os recortes nas pensións por parte do Goberno.

 

RESEÑA DA HOMENAXEADA

Carmen Fernández Ramón foi representante sindical de UGT na empresa de limpezas e servizos LINCAMAR na central de telefónica do Montiño, mais xa fora subrogada por outras catro empresas anteriormente. Actualmente participa activamente na Federación Comarcal de Xubilados onde asume a secretaría de igualdade. Afiliada á UGT dende o ano 1980 e delegada de UGT dende o ano 1995, Carmen é destas traballadoras infatigábeis que comezaron a traballar aos 15 anos nunha empresa de calzados e que logo continuou no sector servizos de limpeza durante 35 anos. Carmen Fernández desfruta xa actualmente dunha merecida xubilación, despois máis de 40 anos traballados nun sector profesional mo feminizado pero cuxas profesionais tiveron que traballar moi duro para mellorar as súas condicións laborais.

A limpeza profesional é unha cuestión central para a actividade económica: as condicións de coidado e traballo son tarefas típicamente femininizadas. Moitas mulleres limpan os nosos lugares de traballo garantindo un ambiente hixiénico, polo que poden ser consideradas a base do sistema produtivo. A pesar diso, o seu traballo considérase fácil e "non cualificado", e moitas veces se ten desempeñado en condicións laborais altamente discriminatorias. Só hai que ver os contratos por horas cos que contan moitas traballadoras do sector limpeza. que grazas aos esforzo de moitas sindicalistas, foi gañando recoñecemento e dereitos, como no dereito á formación, á prevención de riscos laborais ou incluso en salarios.

Modificado o ( domingo, 11 de marzo de 2018 )
 
< Anterior   Siguiente >