Inicio
 
     
Actualidade
Continúa a folga na Xustiza galega cun amplo seguimento e mobilizacións na rúa Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
viernes, 16 de febrero de 2018

   Continúa a folga na Xustiza galega cun amplo seguimento e mobilizacións na rúa

​A folga indefinida na Xustiza galega continúa cun seguimento masivo e sen fisuras por parte dos traballadores do sector.

Os puntos de desencontro continúan aí e a Xunta non achega nada para pechalos, polo que a folga continuará. A última oferta achegada pola Xunta na reunión da EGAP non fai unha proposta suficiente para poñerlle fin a esta folga.

Non existe o compromiso de eliminar os descontos por IT (a pesar de que xuices e secretarios non os sofren); en materia económica os sindicatos demandan situar aos traballadores da Xustiza galega na media do resto do Estado e a Xunta fai unha proposta que non inclúe as medias reais, senón unha interpretación interesada das mesmas. No CGRL xa había un acordo para restituír as 106 prazas destruídas nestes anos, de novo a Xunta obvia comprometerse de forma clara neste senso; en canto á necesidade de aboar as substitucións dun corpo superior, tampouco existe un compromiso concreto; e tampouco quere concretar a Xunta un acordo sobre a creación das prazas pendentes.

Mobilizacións en A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo

Ademais da folga, que hai que lembrar que comezou o pasado día 7 de febreiro, este xoves, día 15, tiveron lugar en Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo sendas mobilizacións nas rúas destas cidades nas que os traballadores e traballadoras da Xustiza galega reclamaron que se atendan as súas demandas xa.​
Modificado o ( jueves, 22 de febrero de 2018 )
 
< Anterior   Siguiente >