Inicio
 
     
Actualidade
Multitudinaria manifestación en Santiago contra la reforma sanitaria de Feijóo Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
miércoles, 07 de febrero de 2018

 

 http://www.ugtcoruna.es/images/stories/img-20180204-wa0012.jpgMultitudinaria manifestación en Santiago de Compostela contra a reforma sanitaria de Feijóo

 O proxecto retira as atribucións aos hospitais rexionais, restrinxe o acceso a contratos e concertos e permite que as empresas poidan explotar a investigación pública

A Manifestación foi convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública e sencudada por todos os sindicatos de clase, os líderes dos partidos poĺíticos da oposición e miles de cidadáns que se achegaron o pasado domingo a Santiago a manifestar a súa repulsa á privatización encuberta da Sanidade que pretende facer a Xunta de Galicia.

A modificación da Lei 8/2008, de Saúde de Galicia, que pretende o goberno do Partido Popular, incrementa cualitativamente a deterioración da sanidade pública en beneficio da sanidade privada, ao reducir o número de Áreas sanitarias, afastan os servizos dos territorios onde existe maior dispersión, peores condiciones socio-laborais, incrementos de poboación de carácter estacional e peores vías de comunicación.
 
A Xestión afástase dos territorios e da cidadanía, que xa non vai ser oída nin para expresar cales son as súas necesidades de saúde.

Este goberno non cre na participación social, nin sequera en órganos consultivos.Reduce os ámbitos electorais de 10 a 7, coa consecuente redución do número de representantes lexítimos das persoas traballadoras do sistema, co que o goberno consegue outro dos obxectivos da súa folla de ruta, a diminución de denuncias da deterioración do sistema por parte da representación das traballadoras e traballadores.
 
Ante esta nova agresión á Sanidade Pública, UGT empraza a participación activa na manifestación que se realizará en Santiago día 4 de febreiro que sairá da Alameda de Compostela, como medida de presión para que se retire a reforma da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia.

 

Modificado o ( jueves, 22 de febrero de 2018 )
 
< Anterior   Siguiente >