Inicio arrow O Teu Sindicato arrow Actualidade arrow UGT Coruña-Cee asina o Pacto Local de Emprego da Coruña
 
     
Actualidade
UGT Coruña-Cee asina o Pacto Local de Emprego da Coruña Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña Cee   
viernes, 01 de diciembre de 2017

 

UGT Coruña-Cee asina o Pacto Local de Emprego da Coruña

O Secretario Comarcal de UGT Coruña-Cee José Carrillo Souto participou, en representación da Unión Xeral de Traballadores, o pasado 23 de novembro de 2017 na Sinatura do Pacto Local polo Emprego do Concello de A Coruña. Dito Pacto, promovido polo concello da Coruña, está respaldado tamén por 25 entidades do tecido social e empresarial da cidade.

O obxecto do Pacto Local polo Emprego é promover a mellora da empregabilidade e a inserción laboral das persoas demandantes de emprego do Concello da Coruña. Así, Concello axentes sociais e empresariais traballarán conxuntamente no cumprimento do Plan Municipal de Emprego.

Entre as entidades asinantes atópase a Universidade da Coruña e a Fuac, os sindicatos de clase UGT e CCOO, Cáritas interparroquial da Coruña, Asociación de Traballadores por conta propia de Galicia (ATA-Galicia), Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP, Cruz Vermella na Coruña, Ecos do Sur, Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES), Fundación Juan Soñador, Fundación Juana de Vega, Fundación Mujeres, Fundación Ronsel, Fundación Secretariado Xitano, Asociación Down Coruña e Arquitectura sen Fronteiras.

Polo eido empresarial, participan do Pacto a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL), Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), Asociación de Empresarias da Coruña, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), Asociación de Jóvenes Empresarios da Provincia da Coruña (AJE), Cámara de Comercio da Coruña.

Modificado o ( lunes, 29 de enero de 2018 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE