Inicio
 
     
Actualidade
marcha galega por unhas #PensiónsDignas Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
lunes, 02 de octubre de 2017

Arranca de Santiago a marcha galega por unhas #PensiónsDignas para confluír o 9 en Madrid co resto das marchasArranca de Santiago a marcha galega por unhas #PensiónsDignas para confluír o 9 en Madrid co resto das marchas

Máis de 2.000 persoas acompañan á delegación galega polas rúas de Santiago ata San Lázaro


Tras unha asemblea, na que interviñeron os secretarios xerais de UGT e CCOO en Galicia, na comarca e nas respectivas unións de xubilados, as máis de 2.000 persoas convocadas partiron en manifestación ata San Lázaro onde a delegación galega da marcha xa comezou a súa andaina en solitario.

Mañá, repetirase o mesmo esquema en Lugo, onde a delegación de xubilados e pensionistas galega, acompañada de compañeiros de UGT e CCOO de Lugo, participarán nunha asemblea ás 11.00 horas na Praza Maior da cidade lucense e partirán en manifestación por varias rúas da cidade. Xa na confluencia Avenida de Madrid, Rúa Pardo Ouro e Rúa das Artes, retomarán a marcha a pé en dirección a Ponferrada.

Xa a partir do día 4 camiñarán dende Benavente, onde confluirán coas marchas procedentes de Asturias e Castela e León, ata chegaren o día 9 a Madrid para participar na gran concentración convocada na Porta do Sol. Con esta acción, os sindicatos tratan de xerar debate social na contorna da problemática sobre o presente e futuro das pensións neste país, a rede máis potente de protección social e que dá cobertura non só aos 9 millóns de persoas que perciben unha pensión, senón a moitas familias que a día de hoxe dependen delas. De feito, o 40 por cento das pensións cobren por completo as súas respectivas unidades familiares.

No punto no que se está actualmente, urxe unha volta á concertación sobre o modelo de pensións que se rompeu coa reforma das mesmas imposta polo PP no ano 2013 co fin de recuperar o futuro dunhas pensións dignas e terminar co empobrecemento dos pensionistas. Só un dato, hoxe o 40 por cento das pensións que se cobran en Galicia están na contorna dos 600 euros, xusto no limiar da exclusión social e da pobreza.

CCOO e UGT demandan que se asegure o poder adquisitivo das pensións, erradicar o déficit da Seguridade Social, garantir o presente e futuro das pensións e que o Goberno atenda as iniciativas aprobadas no Parlamento para garantir o poder de compra das pensións.

Con esta mobilización tamén se denuncia a suspensión, por parte do Goberno, do diálogo social nesta materia e que non se atenda ás demandas sindicais.

Neste contexto urxe derrogar a reforma de 2013 porque hai que asegurar a viabilidade do sistema, xa que o Goberno xa esgotou o Fondo de reserva e recorre a un indebido endebedamento da Seguridade Social, perdendo día a día os pensionistas poder adquisitivo.

UGT e CCOO tamén demandan que se eliminen as subvencións con cargo á Seguridade Social, cuxo costo debe asumir xa o Estado. Así como, os gastos do sistema que deben pagarse cos Orzamentos Xerais do Estado e non con cotizacións.

Entre outras medidas, para garantir o presente e futuro dunhas pensións dignas, CCOO e UGT apostan por destopar as cotizacións. En definitiva, trátase de mellorar os ingresos do sistema, tanto os derivados de cotizacións como de ingresos fiscais.​

Modificado o ( lunes, 20 de noviembre de 2017 )
 
Siguiente >