Inicio arrow Servizos Públicos (FSP) arrow Actualidade arrow A Xunta de Persoal da área sanitaria de A Coruña esixe a retirada do Proxecto de reforma da Lei
 
     
Actualidade
A Xunta de Persoal da área sanitaria de A Coruña esixe a retirada do Proxecto de reforma da Lei Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
jueves, 05 de octubre de 2017

A Xunta de Persoal da área sanitaria de A Coruña esixe a retirada do Proxecto de reforma da Lei Galega de Saúde

 A Xunta de Persoal da área sanitaria de A Coruña, concentrarase mañá xoves, 5 de outubro ás 11, 30h, diante do edificio da Xerencia no CHUAC para esixirlle á Consellería de Sanidade a retirada do Proxecto de Reforma da Lei Galega de Saúde, e para amosar  a súa solidariedade coas áreas sanitarias máis inmediatamente ameazadas por este proxecto de reforma.

O Goberno do PP pretende a modificación da Lei de saúde para reducir o número de Áreas Sanitarias, eliminando as áreas sanitarias de A Mariña, Monforte, O Barco e O Salnés.

Esta modificación evidencia o descoñecemento (ou o desinterese) da  realidade xeográfica e socio demográfica da poboación e só servirá para incrementar os problemas para a organización territorial da sanidade pública galega, ao afastar os órganos de decisión e planificación da cidadanía e das súas necesidades sanitaria, centralizando a planificación e a  toma de decisións nos grandes hospitais.

Desmantélanse deste xeito os servizos sanitarios nas zonas máis illadas, distanciándoos da poboación, provocando importantes desigualdades no acceso á asistencia sanitaria e concentrando os servizos para favorecer a súa privatización.

Esta pretendida eliminación de áreas sanitarias pon en risco tamén as condicións laborais dos profesionais: terá garantido un destino nun centro de traballo ou a mobilidade forzosa será a práctica habitual convertendo ao persoal en “ profesionais itinerantes”?

Pero as modificacións que introduce este proxecto de reforma non só afectan  ás/aos profesionais e a poboación das áreas que se pretende eliminar, senón que afectan a todo o conxunto da sanidade galega:

  • As zonas sanitarias, que na actual Lei se delimitan “tendo en conta, en todo caso, as necesidades sanitarias da poboación”, neste proxecto se definen non polas necesidades da poboación senón polos “recursos sanitarios existentes”.
  • Consolida a exclusión da Atención Primaria, xa que nesta reforma non se contempla a capacidade de planificación e xestión do seu propio orzamento.
  • Deíxa a porta aberta a que as persoas que toman posesión tras aprobar unha OPE teñan un destino de carácter provisional, ao establecerse o concurso de traslados como procedemento xeral de provisión nos Centros e Institucións Sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia. Así o persoal que tomase de posesión tras unha OPEs non tería un destino de carácter definitivo ata que non o consolidase, posteriormente, nun concurso de traslados.
  • No capítulo da nova Lei de saúde dedicado á investigación introdúcese unha referencia as prioridades marcadas polos plans de investigación vixentes en cada momento, sen aclarar que plans e que papel xoga neles a sanidade pública e a industria privada, pretendendo lexitimar o modelo privatizador do coñecemento posto en marcha coa creación da Axencia galega para a xestión do coñecemento en saúde. Esta Axencia, ao igual que outras axencias, foron creadas en aplicación da Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da administración pública autonómica, máis coñecida como Lei de creación de chiringuitos, ou como recolle un informe do Consello de Contas, creada para transferir á privada competencias do sector público, e tamén para incorporar cargos de libre designación que non teñen a condición de traballadores públicos, e dicir, para incorporar ás súas amigas e amigos a controlar o sistema público, e servir, prioritariamente, aos intereses privados.
Modificado o ( martes, 17 de octubre de 2017 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE