Inicio arrow Gabinete Comunicación arrow Actualidade arrow Apoia as Marchas por unhas pensións dignas Baixo o lema "En marcha por pensións dignas".
 
     
Actualidade
Apoia as Marchas por unhas pensións dignas Baixo o lema "En marcha por pensións dignas". Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
miércoles, 20 de septiembre de 2017

Apoia as Marchas por unhas pensións dignas Baixo o lema "En marcha por pensións dignas"

UGT e CCOO veñen de convocar distintas xornadas de mobilizacións nas que pensionistas e xubilados recorrerán o país camiñando ata Madrid en dez etapas do 30 de setembro ao 9 de outubro dende Galicia, Andalucía, Asturias Cantabria e Valencia.

O obxectivo é poñer de manifesto a situación real do sistema de pensións que, tras a reforma de 2013, se non correximos os seus efectos, condena á pobreza a gran parte dos pensionistas actuais e futuros. UGT insiste en que hai que loitar por un modelo público de pensións como factor de cohesión social e de loita contra a desigualdade e a pobreza.

Por todo isto, dende UGT-Galicia solicitamos a vosa adhesión ás Marchas e o voso apoio mediante a subscrición do seguinte Manifesto: https://docs.google.com/…/1FAIpQLSeFwwPwy30ZdInDui…/viewform

Modificado o ( martes, 17 de octubre de 2017 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE