Inicio
 
     
Actualidade
Máis de 18.000 traballadores do metal da provincia de A Coruña están chamados á folga Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña Cee   
martes, 27 de junio de 2017

Máis de 18.000 traballadores do metal da provincia de A Coruña están chamados á folga por un convenio xustoMáis de 18.000 traballadores do metal da provincia de A Coruña están chamados á folga por un convenio xusto

máis de 18.000 traballadores do sector do metal da provincia de A Coruña están chamados a secundar unha xornada de folga, convocada por UGT-FICA, xunto con CCOO e CIG, para demandar un convenio xusto tras dous anos de negociación e continuos atrancos por parte da patronal para pechar un acordo que garanta unhas condicións salariais e sociais dignas para os traballadores do sector...

Os sindicatos convocaron mobilizacións para o martes 27 de xuño, á que lle seguirán outras os días 4 e 5 de xullo, se non chega antes a solución á parálise no eido da negociación do convenio.

Dende UGT-FICA insístese en que xa van 18 reunións entre sindicatos e patronal e esta última non acepta practicamente ningunha das reivindicacións presentadas polos sindicatos. Ademais de non avanzar, pretenden ir cara atrás porque persisten na idea de eliminar dereitos xa adquiridos como a revisión salarial ou afondar aínda máis na distribución irregular da xornada.

Pola contra, os traballadores consideran que urxe a mellora dos salarios, establecer a subrogación no sector, trasladar os acordos á industria auxiliar do naval, regular as gardas localizadas fóra de xornada, mellorar as licenzas retribuídas, limitar a utilización das ETT`s e non aumentar nin desregularizar aínda máis a distribución da xornada irregular.

O Sindicato cre que a implicación dos traballadores nas xornadas de folga e nas mobilizacións convocadas conseguirá mudar a situación de parálise actual.

Precisamente, para informar aos traballadores do seu dereito a folga e da importancia de participar na mesma de cara a buscar unha saída equilibrada e xusta para o convenio do metal da provincia de A Coruña, UGT-FICA adianta que despregará piquetes informativos nas comarcas de Compostela, Ferrol e A Coruña.

Modificado o ( miércoles, 20 de septiembre de 2017 )
 
Siguiente >