Inicio
 
     
Actualidade
Éxito rotundo da folga de transportes de viaxeiros en Galicia Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña Cee   
martes, 20 de junio de 2017

Éxito rotundo da folga de transportes de viaxeiros en Galicia  Seguimento masivo da folga indefinida no transporte de viaxeiros por estrada

Hoxe martes 20 de xuño comezou a folga indefinida no transporte de viaxeiros por estrada en Galicia. Conflito provocado tras a publicación pola Xunta de Galicia dun novo  Plan de Transportes o pasado 30 de maio. Un proxecto que non conta co apoio de ningún dos axentes interesados no sector.

As centrais sindicais rexeitan a proposta da Administración por valorar moi negativamente as súas repercusións para o emprego e o servizo prestado. Tamén reclaman a apertura de negociación dos catro convenios colectivos provinciais coa patronal.

O transporte de viaxeiros por Galicia continuará mañá paralizado e así seguirá os martes e mércores sucesivos en tanto non se produzan modificacións substanciais na situación actual que abocan ao sector a unha perda de emprego dun 30%.

Cabe destacar, que a pesar do seguimento masivo da convocatoria de folga, non se produciu ningún incidente relevante. Os servizos mínimos non se cumpriron ante a negativa da Administración para negocialos coas centrais sindicais.​
Modificado o ( miércoles, 28 de junio de 2017 )
 
Siguiente >