Inicio
 
     
Actualidade
Centos de delegados denuncian en A Coruña o bloqueo da negociación do convenio provincial de metal Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
martes, 06 de junio de 2017

Centos de delegados denuncian en A Coruña o bloqueo da negociación do convenio provincial de metalCentos de delegados denuncian en A Coruña o bloqueo da negociación do convenio provincial de metal

Centos de delegados,convocados por UGT, CCOO e CIG, manifestáronse o pasado 30 de maio na Coruña para denunciar o bloqueo de negociación doconvenio de siderometalurxia da provincia de A Coruña que afecta a20.000 traballadores. Esta mobilización da continuidade a un proceso mobilizador iniciado xa en abril, con mobilizacións en Ferrol, Coruña e Santiago.

FICA-UGT denuncia que a dilación neste proceso negociador é xa insostible, xa hai máis de dous anos e medio que comezaron asnegociacións para un convenio que caducou en decembro de 2015. Neste longo período, a patronal só se adicou a poñer pedras nocamiño e a dilatar o proceso negociador, facendo oídos xordos áspropostas sindicais e tratando de impoñer en cada un dos encontrosmedidas regresivas para os 20.000 traballadores afectados.

Para FICA-UGT, hai materias de negociación de vital importancia paraos traballadores. Trátase dos incrementos salariais e a cláusula derevisión; a distribución irregular da xornada; ou todo o relativo alicenzas, entre outras cuestións. FICA-UGT alerta que o tempo de negociación está chegando ao seu fine insiste en que non se vai renunciar a ningunha medida de presiónque permita pechar un acordo satisfactorio e xusto para os 20.000traballadores do metal da provincia de A Coruña. 

Modificado o ( martes, 04 de julio de 2017 )
 
< Anterior   Siguiente >