Inicio
 
     
Actualidade
Miles de persoas manféstanse o Primeiro de maio na Coruña Imprimir E-Mail
Escrito por UGT A CORUÑA   
martes, 02 de mayo de 2017

http://www.ugtcoruna.es/images//img-20170501-wa0010.jpg

Miles de persoas manféstanse o Primeiro de maio en Coruña demandando que a recuperación chegue a toda a cidadanía xa

Mentres a economía medra a maioríada poboación, a clase traballadora, segue sumida nunha profundacrise económica, de emprego e de expectativas. 

 Neste Primeiro de maio de 2017, miles de persoas acudiron á manifestación convocada por UGT e CCOO, que partiu dende a praza da pallza. Os representantes sindicais denunciaron que a tímida mellora dasituación do emprego está ensombrecida por máis e máisprecariedade; aqueles que teñen un posto de traballo están a verdía tras día diminuídos os seus ingresos, ter un traballo xa nongarante ter unha vida digna; ingresos que tamén ven diminuídos ospensionistas deste país que nos peores momentos da crise foron undos principais baluartes para sustentar a moitas familias; e aquelesque continúan en situación de desemprego, moitos aínda, ven comoresulta cada vez máis difícil acceder aos instrumentos deprotección social habilitados e cando o fan as contías son cada vezmenores...

É preciso que os traballadores poidanvivir dignamente co que perciben polo seu traballo e que aqueles quenon teñen un posto de traballo poidan acceder a un en condiciónsdignas.

Os datos están aí. Aínda que aeconomía medra, Galicia segue sen recuperar emprego. Algo estáfallando. O crecemento económico é evidente. O PIB xerado enGalicia no 2016 medrou, en relación ao 2007, previo ao estalido dacrise, en 1.611 millóns de euros.

Fronte a isto, entre o cuartotrimestre de 2007 e o cuarto trimestre de 2016 perdéronse en Galiciamás de 146.000 ocupados. Galicia está entre as comunidadesautónomas que máis emprego perde nestes anos, só superada porEstremadura e Valencia. O desemprego subiu neste mesmo período en107.800 persoas, un 111,8 por cento máis.

Pero é que hai unha realidade aíndamáis preocupante. A situación límite de moitas familias galegas acausa do paro de longa duración que se converteu xa nun elementoestrutural e que está a xerar situacións de pobreza e exclusiónsocial. O paro de longa duración pasou de representar o 27,7 porcento no 2007 ao 58,2 por cento na actualidade.

Xa son moitas as persoas, con familiasdetrás, que non conseguen escapar da lacra do desemprego e arealidade evidencia que canto máis tempo nesta situación máisdifícil é saír da mesma.

É evidente que os mecanismosarticulados pola Xunta en materia de emprego non funcionan. Urxe quea Administración galega poña enriba da mesa todas as medidasnecesarias para romper o círculo vicioso do desemprego que seinstaurou no mercado laboral galego.

Pero é que, a pesar desta complexarealidade, a Xunta reduciu a dotación orzamentaria en políticasactivas de emprego en máis de 137 millóns de euros dende o ano2008. A este recorte de fondos hai que sumarlle o recorte enprestacións e o endurecemento no acceso ás mesmas, imposta poloGoberno central. De feito, en Galicia quedan fóra do sistema deprotección 110.000 persoas en situación de desemprego.

E, neste contexto, as mulleres seguena levar a peor parte. A taxa de actividade das mulleres galegas estáa cola do Estado; a taxa de temporalidade entre as mulleres galegas écase catro puntos superior á dos homes; a taxa de paro segue sendosuperior a das mulleres, en 1,3 puntos, e tan só o 43,3 por centodas mulleres en paro perciben prestacións, fronte ao 56,7 por centodos homes. E que dicir dos mozos que vense obrigados a abandonarGalicia na busca dun futuro mellor ante a falta de expectativas decara ao seu futuro.

E, todo isto, ten unhas consecuenciasdramáticas, as desigualdades, a pobreza e o aumento progresivo daexclusión social, afectando a máis do 22 por cento da poboación. Eisto xa nono din só os sindicatos, o din tamén o FMI, a ComisiónEuropea e a OCDE.

Mentres a economía medra a maioríada poboación, a clase traballadora, segue sumida nunha profundacrise económica, de emprego e de expectativas.

Fronte a esta realidade, ambossindicatos demandan:

  • A derrogación das reformas laborais que veñen de instalar a precariedade como norma de contratación e que só fomentaron a desigualdade e a perda de dereitos.

  • É preciso poñer en marcha un plan de choque polo emprego con recursos.

  • É imprescindible devolver o equilibrio de forzas na negociación colectiva, para que os sindicatos e empresarios poidamos negociar en igualdade de condicións.

  • Reformar o sistema de prestacións por desemprego para facer que chegue a todas as persoas en situación de desemprego;

  • Esiximos un SMI suficiente e estable, chegando aos 1.000 euros a finais da lexislatura.

  • Demandamos unha Lei de igualdade salarial.

  • Tamén é urxente derrogar a reforma das pensións de 2013. As pensións teñen que subir por riba do IPC.

  • Hai que acometer unha reforma fiscal integral que consiga máis ingresos e reparta mellor os esforzos, así como, loitar contra a fraude fiscal.

  • É preciso poñer en marcha unha prestación de ingresos mínimos para todas aquelas persoas que querendo traballar non poden facelo.

  • Urxe tamén a recuperación progresiva do gasto en sanidade, educación, protección social e axuda á dependencia e poñer en marcha un Plan Estratéxico para a Industria.

Modificado o ( martes, 27 de junio de 2017 )
 
< Anterior   Siguiente >