Inicio
 
     
Actualidade
UGT Coruña-Cee homenaxea, nos premios 1º de Maio a José Manuel Vazquez e a SOS Sanidade Pública Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
lunes, 01 de mayo de 2017

UGT Coruña-Cee homenaxea, nos premios 1º de Maio a José Manuel Vazquez e a SOS Sanidade Pública

 O pasado 27 de abril de 2017, a Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee conmemorou o 1º de Maio, Día do Traballo, coa tradicional entrega dos premios 1º de maio do sindicato, que neste ano cumpren a súa XVII edición. 

O Secretario Comarcal de UGT, José Carrillo, aproveitou o acto para facer un chamamento á unidade, tanto sindical, como da xente de esquerdas e socialdemocráta do país, ante o ataque que está sufrindo a clase traballadora polas dinámicas neoliberais do mercado, que ten aproveitado a crise para recortar dereitos laborais, segurade laboral e salarios, e sen que as forzas políticas fixeran nada ata o momento para atallalo.

Carrillo convocou a todos os traballadores e traballadoras a participar na manifestación do vindeiro luns 1 de maio que, na Coruña, sairá ás 12:00 horas dende a praza da Palloza e se dirixirá ata a Delegación do Goberno (praza Ourense). Baixo o lema “NON HAI ESCUSAS”, UGT e CCOO chaman á cidadanía galega a saír á rúa para demandar emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.

 

 Premios 1º de maio 2017

 José Manuel Vázquez

 UGT Coruña-Cee premiou ao ex-secretario xeral da FSP-Galicia, José Manuel Vázquez, pola súa longa traxectoria sindical. Traballador de Federación de Correos e Telégrafos e afiliado á UGT dende 1979, Vázquez desempeñou diversos cargos de responsabilidade sindical ao longo da súa vida. En 1984, foi elexido secretario xeral da FSP-UGT da provincia da Coruña. En 1988, no congreso constituínte de FSP-UGT Galicia, foi elexido secretario de organización e administración.

Vázquez foi elexido Secretario Xeral de FSP-UGT Galicia no primeiro congreso ordinario da federación, no ano 1990, responsabilidade que desenvolveu ata a recente data de 27 de maio de 2016, cando se constituiu a nova federación de servizos públicos e ensino FeSP-UGT de galicia. Tamén foi membro dos organismos confederais de UGT, sendo membro do Comité confederal dende 1995 ata 2016.

Plataforma de Defensa da Sanidade Pública Galega

O doutor Ramón Veras recolleu, en nome da Plataforma de Defensa da Sanidade Pública Galega, o premio de 1º de maio outorgado pola UGT. Veras estivo acompañado por unha diversa representación de membros de SOS Sanidade Pública da Coruña.

A Plataforma de Defensa da Sanidade Pública Galega é un movemento que agrupa a partidos políticos, centrais sindicais, asociacións de veciños, asociación culturais, asociacións de pacientes e ONGs, cun ámbito galego e comarcal. É o movemento europeo máis potente e con maior duración no tempo de oposición á privatización sanitaria e de defensa da sanidade pública. As mobilizacións cidadás galegas máis potentes, despois de Nunca Máis, foron as protagonizadas por SOS Sanidade Pública, aliada en algunha delas coa xunta de persoal da área sanitaria respectiva.

En ningún sector galego existe un movemento unitario como na sanidade, como o formado arredor de SOS SANIDADE PÚBLICA, dende a chegada de Feijoo no ano 2009. O 21 de novembro de 2010, SOS convocou unha manifestación con carácter nacional, en Santiago de Compostela, d con vintecinco mil persoas de todas as cores e idades berrando a favor da sanidade pública. Esta mobilización supuxo a paralización do proxecto do partido popular de xestión clínica, que permitiría iniciar a privatización futura de diferentes servizos, os máis rendibles, en cada área sanitaria.

SOS e as diferentes plataformas comarcais nas que se organiza, teñen convocado nesta última década diferentes mobilizacións así como unha recollida de sinaturas para unha iniciativa lexislativa popular de protección da sanidade pública. Actualmente a Plataforma participa nos debates sobre da Morte Digna ou as accións en defensa da universalidade sanitaria en colaboración con Médicos del Mundo e Amnistía Internacional, a colaboración co Movemento Galego de Defensa da Saúde Mental ou a iniciativa coruñesa de creación do Consello Local de Saúde.

Modificado o ( lunes, 01 de mayo de 2017 )
 
< Anterior   Siguiente >