Inicio
 
     
Actualidade
28 Abril: Día Internacional da Saúde no Traballo Imprimir E-Mail
Escrito por UGT GALICIA   
miércoles, 26 de abril de 2017

Galicia, a primeira Comunidade en sinistralidade mortal cun índice de incidencia que duplica ao estatal

 

UGT Coruña-Cee e CCOO concentráronse diante da Confederación de Empresarios para demandar condicións seguras de traballo 

 Un ano máis, este 28 de abril, convértese nunha data na que os sindicatos van alzar a súa voz en lembranza e recoñecemento público de todos os traballadores falecidos ou vítimas dunha enfermidade por causas laborais. Esta data tamén serve para denunciar e poñer en evidencia que os danos derivados do traballo son evitables e que tanto as empresas como as administracións teñen grandes responsabilidades nesta materia.

21 anos despois da publicación da Lei de prevención de riscos laborais, constátase que gran parte dos seus obxectivos están aínda pendentes. Esta situación de incumprimentos agudizouse polas políticas de axuste impostas polos gobernos do PP en Madrid e en Galicia, sobre todo, pola reforma laboral.

DENDE A IMPOSICIÓN DA REFORMA LABORAL NO 2012 ROMPEUSE A TENDENCIA Á REDUCIÓN DA SINISTRALIDADE LABORAL

De feito, dende a imposición desta Reforma no ano 2012 rompeuse a tendencia á baixa na redución xeneralizada da sinistralidade que se viña rexistrando dende o ano 2000. Existe un discurso oficial que intenta vincular esta suba á recuperación da actividade económica e do emprego pero que UGT rexeita porque tamén se produciron incrementos significativos dos índices de incidencia que expresan a sinistralidade en correlación ao número total de asalariados, é dicir, o número de accidentes por cada 100.000 traballadores. Así, a variable sinistralidade estaría compensada coa poboación traballadora e non se podería falar de se inflúe máis ou menos a mesma.

Galicia finalizou o ano 2016 sendo a primeira comunidade do Estado en sinistralidade laboral mortal cun índice de incidencia de 7,27 traballadores falecidos por cada 100.000 asalariados, duplicando a media do Estado que foi de 3,27. Pero é que en provincias como Lugo este subiu ata o 14,79.

NO QUE VAI DE ANO O ÍNDICE DE INCIDENCIA DE ACCIDENTES MORTAIS EN GALICIA TAMÉN É SUPERIOR Á MEDIA ESTATAL

No que vai de ano, os dous primeiros meses de 2017, xa que a Xunta non facilita máis datos, o índice de incidencia de accidentes mortais en Galicia foi de 0,448 traballadores por cada 100.000. Mentres que, de novo, a media do Estado está por debaixo, de 0,289.

NO 2016 REXISTRÁRONSE CASE 25.000 ACCIDENTES EN GALICIA, DOS QUE 57 FORON MORTAIS.

Segundo os datos do ano 2016, en Galicia rexistráronse un total de 24.994 accidentes de traballo con baixa, dos que 57 foron mortais, 496 graves e 24.441 leves.

NO QUE VAI DE 2017 A SINISTRALIDADE MEDROU NUN 5,16 POR CENTO. XA VAN 7 PERSOAS FALECIDAS NO TRABALLO

No relativo ao ano 2017, en Galicia a sinistralidade incrementouse nun 5,16 por cento nos dous primeiros meses do ano, respecto ao mesmo período do ano anterior, ao rexistrarse 4.015 accidentes leves, 52 graves e 7 mortais.

 

Accidentes en xornada de traballo. Sectores de actividade

Xaneiro-Decembro 2015/2016

 

Leves

Graves

Mortais

Totais

2015

2016

2015

2016

2015

2016

2015

2016

Agricultura

1247

1142

61

55

3

5

1311

1202

Pesca

947

992

36

58

10

12

993

1062

Industria

7124

7163

95

108

13

11

7232

7282

Construción

3038

2811

76

85

10

5

3124

2901

Servizos

12352

12333

129

190

22

24

12503

12547

Total

24708

24441

397

496

58

57

25163

24994

Fonte: Estatísticas de Accidentes de Traballo. Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia

Accidentes en xornada de traballo. Provincias

Xaneiro-Decembro 2015/2016

 

Leves

Graves

Mortais

Totais

2015

2016

2015

2016

2015

2016

2015

2016

A Coruña

11132

11230

158

186

26

22

11316

11438

Lugo

2738

2625

48

62

5

14

2791

2701

Ourense

2687

2579

46

49

10

5

2743

2633

Pontevedra

8151

8007

145

199

17

16

8313

8222

Total Galicia

24708

24441

397

496

58

57

25163

24994

Fonte: Estatísticas de Accidentes de Traballo. Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia

Accidentes en xornada de traballo.Provincias

Xaneiro-febreiro 2016/2017

 

Leves

Graves

Mortais

Totais

2016

2017

2016

2017

2016

2017

2016

2017

A Coruña

1.713

1.765

26

22

5

4

1.744

1.791

Lugo

384

431

7

8

1

-

392

439

Ourense

411

412

10

3

-

1

421

416

Pontevedra

1.288

1.407

26

19

3

2

1.317

1.428

Total Galicia

3.796

4.015

69

52

9

7

3.874

4.074

Fonte: Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Á marxe dos datos analizados que se achegan máis detallados nos cadros adxuntos, existe un dato moi relevante, e que se reflicte no propio lema deste 28 de abril, “A discriminación dánanos a todas as persoas”, que é que as mulleres teñen maior probabilidade de sufrir unha enfermidade profesional.

DENDE O 2013 CONSTÁTASE QUE AS MULLERES SOFREN MÁIS ENFERMIDADES PROFESIONAIS QUE OS HOMES. OS SECTORES MÁIS FEMINIZADOS SUFRIRON MÁIS A CRISE E AS POLÍTICAS DE AXUSTE

Dende o ano 2013 constátase que o número de partes comunicados relativos ás enfermidades profesionais con baixa sufridas por mulleres é superior en termos absolutos ás dos homes, a pesar de ter estes últimos índices de ocupación máis elevados. Isto é consecuencia de que as condicións de traballo nos sectores e actividades máis feminizados sufriron con maior rigor os efectos da crise e das políticas de axuste. Isto, unido á falta de políticas eficaces en materia de igualdade de xénero e de conciliación nas empresas, contribúe á deterioración da saúde das traballadoras.

NO 2016 REXISTRÁRONSE 436 ENFERMIDADES PROFESIONAIS CON BAIXA ENTRE AS MULLERES, FRONTE ÁS 379 QUE AFECTARON AOS HOMES

Así, no ano 2016 rexistráronse en Galicia un total de 436 enfermidades profesionais con baixa en mulleres, fronte ás 379 rexistradas no caso dos homes.

Estes datos reflicten un incremento dun 20,8 por cento no caso das mulleres en relación ao 2015, ano no que se rexistraron 361 enfermidades profesionais con baixa en mulleres en Galicia.

Tamén no caso dos homes o incremento foi moi significativo, dun 21 por cento, ao pasar de 313 no 2015 aos 379 de 2016.

Resulta moi destacable o que acontece no sector servizos, claramente feminizado. Neste sector o número de enfermidades profesionais con baixa medra progresivamente entre as mulleres. No 2013 rexistráronse 190, 231 no 2014, 224 no 2015 e subiu ás 270 no 2016. Isto fronte ás rexistradas entre os homes, 47 no 2013, 61 no 2014, 71 no 2015 e 67 no 2016.

Enfermidades profesionais con baixa

 

2013

2014

2015

2016

Homes

Mulleres

Homes

Mulleres

Homes

Mulleres

Homes

Mulleres

Agricultura

4

4

5

4

10

4

12

7

Pesca

18

2

14

1

7

4

1

2

Industria

142

89

135

95

172

128

242

157

Construción

25

0

41

1

53

1

48

0

Servizos

47

190

61

231

71

224

67

270

Total Galicia

236

285

256

332

313

361

379

436

Fonte: Estatísticas de Enfermidades Profesionais. Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia

UGT-GALICIA DENUNCIAN FALTA DE VONTADA POR PARTE DA XUNTA E DOS EMPRESARIOS PARA POÑER FIN Á LACRA DA SINISTRALIDADE LABORAL

UGT-Galicia xa leva tempo advertindo da gran lacra que supón para o mercado laboral galego os índices que presenta de sinistralidade. Unha barreira que, ano tras ano, parece non poder salvarse. Pero dende o Sindicato insístese en que si é unha barreira salvable e, cando menos, a curto prazo mellorable. Hai lexislación, hai medidas e medios que se poden implementar, o que falta é vontade por parte dos empresarios e da Xunta para poñerlle fin xa a esta lacra.

Para UGT-Galicia, a prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde no traballo son aspectos de extrema importancia na sociedade e unha mala xestión trae da man consecuencias moi graves, ás veces irreparables, para os afectados, as súas familias e a sociedade en xeral.

Neste contexto e no marco da conmemoración do 28 de abril, Día internacional da saúde e seguridade no traballo, UGT-Galicia reafírmase na idea de que para mellorar a prevención de riscos e reducir os danos á saúde producidos polo traballo é necesario acabar coas desigualdades e para lograr este obxectivo proponse:

  • Derrogar as normas que impediron que todos os colectivos teñan o mesmo grao de protección da súa saúde, en particular as reformas laborais que estenderon a precariedade, instalando o medo a perder o emprego, individualizando as relacións laborais, dificultando o exercicio efectivo de dereitos e profundando na desigualdade.

  • Reverter a reforma do marco xurídico das Mutuas que supuxo un recorte nos dereitos de traballadoras e traballadores e que só serviu para que estas invadisen competencias dos servizos públicos, privatizando a xestión de actividades que deberían ser exclusivas da Seguridade Social.

  • Intensificar as políticas activas en materia de prevención dotando cos suficientes medios económicos e humanos aos organismos técnicos como o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene en Traballo.

  • Reforzar os mecanismos de control do cumprimento da lexislación en materia de igualdade nas empresas e de loita contra a fraude laboral e a economía mergullada.

  • Desenvolvemento da Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo 2016-2020 e da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020, facendo especial fincapé en todas as cuestións relacionadas coas enfermidades de orixe laboral.

  • No marco da empresa, a incorporación da perspectiva de xénero na actividade preventiva. Ao mesmo tempo, é preciso que se recuperen os investimentos en prevención e a centralidade da negociación colectiva nas relacións laborais. A negociación colectiva está estreitamente ligada á presenza de sindicatos nos centros de traballo, o que constitúe a mellor garantía para o exercicio de dereitos e para a protección da saúde.

  • O establecemento da figura do delegado de prevención territorial ou sectorial, xa que no conxunto do Estado existen máis dun millón de empresas con menos de 6 traballadores, das cales máis de 62.000 atópanse en Galicia, nas que traballan dous millóns de persoas que non teñen dereito a elixir un delegado de persoal. O obxectivo sería asegurar o exercicio ao dereito á saúde e á seguridade e os niveis de protección a estes traballadores nos mesmos termos que no resto das empresas.

  • Incrementar a vixilancia e control das actuacións en materia de prevención de riscos laborais por parte da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

  • A recuperación dos investimentos públicos en materia de prevención de riscos laborais.

Modificado o ( lunes, 01 de mayo de 2017 )
 
Siguiente >