Inicio arrow Traballadores do Ensino (FETE) arrow Actualidade arrow O seguimento da xornada de folga en educación foi dun 63% en xeral e dun 90% na ESO e Universidade
 
     
Actualidade
O seguimento da xornada de folga en educación foi dun 63% en xeral e dun 90% na ESO e Universidade Imprimir E-Mail
Escrito por Ensino   
viernes, 10 de marzo de 2017

O seguimento da xornada de folga en educación foi dun 63% en xeral e dun 90% na ESO e Universidade

O seguimento da xornada de folga en educación foi dun 63% en xeral e dun 90% na ESO e Universidade 

A sociedade galega respondeu de forma masiva á xornada de folga no ensino. O paro foi dun 90% na ESO e na Universidade, sendo dun 63% no global, xa que a folga estendíase dende a educación primaria ata a Universidade. Así , milleiros de docentes, pais e nais e alumnos saíron hoxe á rúa en Ferrol, Santiago, Lugo, Vigo, Ribeira e A Coruña - hoxe ás 19.30 farano en Ourense - para manifestar unha vez máis o rexeitamento á LOMCE e insistir na necesidade da reversión dos recortes no ensino.

A comunidade educativa quere deixar claro, unha vez máis, que non se fía das boas palabras e que quere feitos, tal e como se explica no manifesto de folga: "Non é admisible que un goberno en minoría continúe desenvolvendo a LOMCE despois de que o Parlamento aprobara por ampla maioría unha proposición de lei para derrogala. De nada valen as boas palabras e promesas dun pacto educativo cando os feitos van en camiño contrario". Proba diso é que o goberno do PP presentou un recurso no Tribunal Constitucional para que a proposición de lei para derrogar a LOMCE non sexa tramitada no Congreso dos Deputados. Vulnera así a separación de poderes e actúa así desprezando á comunidade educativa e ao poder lexislativo onde reside o poder popular".

FesP-UGT insiste en que non se pode consentir que se exclúa das negociacións para acadar unha nova lei educativa ás organizacións sociais representativas dos distintos sectores da comunidade educativa:"Esiximos un amplo consenso tanto político como social para acadar unha nova lei educativa".

UGT recorda que "o retraso nos orzamentos do Estado, así como o escaso incremento das partidas dedicadas a educación no proxecto de orzamentos galegos impiden a reversión dos recortes en educación non garantindo a igualdade de oportunidades e profundando na desigualdade".​ 

 
Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE