Inicio
 
     
Actualidade
UGT Coruña entrega o premio 8 marzo a Maria del Carmen Mañana Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
miércoles, 08 de marzo de 2017

UGT Coruña entrega o premio 8 marzo a Maria del Carmen Mañana

A Unión Intercormarcal UGT Coruña-Cee conmemorou o 8 de marzo, día da muller traballadora, cun acto reivindicativo no que se fizo entrega do Premio 8 de Marzo á sindicalista María del Carmen Mañana, delegada da empresa Arteixo Telecom.

O acto, no que participaron José Carrillo, Secretario Comarcal da UGT, a Secretaria de Igualdade de UGT- Galicia, Mónica Rodríguez Ponte, xunto con Isabel Lema, Secretaria de Igualdade da Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee, serviu para analizar a discriminación da muller na comarca da Coruña -e no conxunto de Galicia.

UGT Coruña-Cee denunciou a actual situación de retroceso nos dereitos humanos e a igualdade das mulleres no noso país. Os progresos alcanzados en igualdade de xénero nas décadas anteriores e as esperanzas de lograr a igualdade efectiva entre homes e mulleres, se viron truncados polas políticas de recortes sociais do gasto público e as reformas laborais adoptadas polo Goberno do PP nos últimos cinco anos. A elo hai que sumar o desmantelamento das políticas de igualdade e a ineficacia das accións contra a violencia de xénero.

 Premio 8 de marzo 2017 de UGT Coruña  a Maria del Carmen Mañana Illobre

Nos Premios 8 de marzo, UGT Coruña homenaxeou a larga traxectoria laboral e sindical da Compañeira Maria del Carmen Mañana Illobre, afiliada á UGT dende hai máis de 40 anos.

María del Carmen naceu en Santa Cruz, no veciño concello de Oleiros nos anos 50, e dende moi nova comeza a traballar, no ano 1974, na empresa ERICSON.En 1975 afíliase á Unión Xeral de Traballadores, e ao longo destes 43 anos desenvolveu a súa traxectoria laboral en empresas como TELETTRA ESPAÑA, ALCATEL e, dende 1996, en ARTEIXO TELECOM, compañía na que actualmente segue en activo.

Ao longo da súa vida, Maria del Carmen compaxinou a súa profesión coa maternidade e coas súas responsabilidades sindicais.Formou parte do comité de empresa de Arteixo Telecom como delegada e foi secretaria do Comité durante os anos 2005 e 2015.Actualmente continúa sendo delegada pola Unión Xeral de Traballadores no comité da súa empresa.

Modificado o ( lunes, 13 de marzo de 2017 )
 
< Anterior   Siguiente >