Inicio
 
     
Actualidade
UGT Galicia presentou na Coruña os resultados do Informe "A Situación Laboral da muller en Galicia" Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
martes, 07 de marzo de 2017

As mulleres galegas seguen a sufrir máis desemprego, máis precaridade e menor protección socialAs mulleres seguen a sufrir máis desemprego, máis precaridade e menor protección social

Un ano máis, o 8 de marzo é unha data para a denuncia. A crise situou a moitas mulleres no limiar da pobreza e exclusión

O pasado martes 7 de marzo, coincidindo cos actos reivindicativos de UGT Coruña polo Día da Muller Traballadora, a Secretaria de Igualdade de UGT Galicia, Mónica Rodríguez Ponte, presentou en A Coruña os resultados do INFORME de UGT sobre a SITUACIÓN LABORAL DA MULLER EN GALICIA. A Secretaria de Igualdade da Unión Intercomarcal UGT Coruña-Cee, Isabel Lema, presentou o informe para a COMARCA DA CORUÑA. 

Segundo este informe, aínda que no eido lexislativo existen medidas para promover o cumprimento do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres en materia laboral, a realidade é que aínda seguen a existir importantes discriminacións e desigualdades de xénero no emprego, o traballo e tempo parcial, as retribucións, as pensións, a toma de decisións e a ocupación dos postos de responsabilidade, o traballo non remunerado e a asunción das responsabilidades familiares...


 

Neste informe conclúese que o mercado laboral feminino segue a manifestar peores condicións que o masculino en todas as súas variables. A pesar da progresiva incorporación da muller ao eido laboral, seguen persistindo fortes diferenzas. As taxas de actividade e ocupación feminina son 9,7 e 8,7 puntos inferiores á masculina e a do paro supera á masculina en 1,3 puntos. 

 

O paro aumenta entre as mulleres da comarca da Coruña

 Os datos do paro defebreiro de 2017 reflicten que o paro sube na comarca da Coruña e que o fai especialmente entre as mulleres. Cuna taxa media do 11,71% de desemprego, esta cifra sube ata o 12,47% cando falamos de mulleres. No mes de xaneiro deste mesmo ano, o paro feminino era do 12,41%. 

As cifras interanuais amosan os seguintes resultados:

  • - Menor afiliación á seguridade social: as mulleres afiliadas da comarca da Coruña representan unha porcentaxe menor á dos homes, cun nivel de ocupación do 48,5%. A finais de 2016 había 92.086 traballadoras afiliadas á Seguridade Social na comarca
  • - Maiores tasas de desemprego: os datos interanuais amosan quen na comarca de A Coruña, das 38.876 persoas desempregadas en 2016, 21.104, o 54,3%, son mulleres. En Decembro de 2016 habia na comarca da coruña 38.876 parados, dos cales 21.104 son mulleres (17.774)
  • - Grandes diferenzas por concello: 32,6% de paro no concello de Monfero ou 59,7% no concello de Laxe. No concello de A Coruña subiu o paro entre as mulleres: si en 2015 o 53,4% dos parados eran mulleres, en 2016 foron o 54,4%.
  • - As mulleres tamén son maioría no desemprego de longa duración, xa que son 10.617 mulleres fronte a 8.188 homes nesa situación. É dicir, o 56,5% do total de desemprego de longa duración o padecen as mulleres, non só hai máis mulleres desempregadas, senón que teñen maior dificultade para saír desta situación.
  • - Por sectores hai fortes diverxencias segundo sexos, mentres que nos homes o maior número de desempregados no 2016 son da Construción, 4.165, o 23,4% do total, nas mulleres a maior porcentaxe de desemprego, o 17,8% do total, 3.762 desempregadas, proceden do sector comercio. A segunda rama de actividade económica con maior número de desempregadas na comarca é a de Actividades administrativas e servizos auxiliares, 2.769 desempregadas, o 13,1% do total de mulleres. En terceiro lugar, con 2.665 desempregadas, o 12,6% do total de desemprego feminino está a Hostalería. En ambos sexos é destacable o desemprego na Industria manufactureira, representando o 11% no caso masculino (1.952 desempregados) e o 11,2% no feminino (2.360 desempregadas).
  • - Na comarca rexistráronse no ano 2016 un total de 195.034 contratos, destes máis da metade a mulleres, o 50,4%.
  • - A porcentaxe de contratación indefinida sobre o total da contratación é nos homes do 9,4% e nas mulleres é máis baixa, o 8,6%. En todo caso, a maioría dos contratos tanto en homes como mulleres son temporais.
  • - A contratación a tempo parcial feminina é moi superior á masculina. Así, por cada cen contratos rexistrados a mulleres, 53,4 son a tempo parcial, fronte ao menor peso destes no caso dos homes, 33,5 de cada cen.
  • - No ano 2015 (os datos do ano 2016 publicaranse en xuño de 2017) houbo 56.730 mulleres pensionistas na comarca de Coruña, representando o 50,2% do total, pero cobrando de media unha pensión un 27,8% inferior á dos homes. A pensión media das mulleres é de 778,50 euros, un 27,8% menor aos 1.078,16 euros que perciben os homes.
  • O sistema de pensións perpetúa as desigualdades por razón de sexo do mercado laboral, no que a muller percibe menos salarios e, como consecuencia, unha menor pensión.
Modificado o ( lunes, 13 de marzo de 2017 )
 
< Anterior   Siguiente >