Inicio
 
     
Actualidade
Comunicado de apoio ás mobilizacións cidadás en defensa do común Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña Cee   
lunes, 13 de febrero de 2017

Comunicado de apoio ás mobilizacións cidadás en defensa do común

 A Unión Intercomarcal de UGT Coruña Cee manifesta o apoido da Unión Xeral de Traballadores ás mobilizacións cidadás en defensa da titularidade pública dos espazos públicos sitos no Porto da Coruña.

O Secretario Xeral de UGT Coruña, José Carrillo Souto, a través dun escrito dirixido á Comisión Aberta en Defensa do Común, manifestou a preocupación pola posíbel perda de espazos comunais da cidade tras as operación levadas a cabo polas autoridades do Estado.

Dende a UGT defendemos a conservación do uso público do solo así como das instalacións onde actualmente se está a desenvolver unha actividade económica de relevancia para a cidade.

Incidimos, porén, na necesaria continuidade dos usos do citado solo público co fin de que permita –na actualidade e no futuro- por en marcha proxectos que respondan ás necesidades da cidadanía da Coruña ao mesmo tempo que dinamicen a economía da cidade e xeren emprego de calidade.

UGT Coruña-Cee sumouse tamén á campaña de recollida de sinaturas en contra da privatización dos terreos da Solana e Hotel Finisterre, que están a levar a cabo numerosas entidades do ao tecido asociativo da cidade. Todas as persoas interesadas en apoiar esta campaña poden asinar na sede de UGT Coruña, en Fernández La Torre, 11, 1º andar.

 

En A Coruña, a 13 de febreiro de 2017. 
Modificado o ( martes, 21 de febrero de 2017 )
 
< Anterior   Siguiente >