Inicio arrow Gabinete Comunicación arrow Concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva
 
     
Actualidade
Concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña Cee   
martes, 21 de febrero de 2017
Concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva
 

UGT e CCOO convocan para mañá mércores, día 22 de febreiro, concentracións fronte ás sedes das patronais endefensa da negociación colectiva ( ACoruña: ás 12 h, diante da Confederación de Empresarios da Coruña(praza de Luís Seoane, 1-11).

Ambos sindicatos lembran que o actualescenario económico vén definido polo continuo do crecemento do produto interior bruto, un 3,3 en Galicia en 2016 e uns prognósticosde aumento para 2017 do 2,4 %. UGT e CCOO entenden que estaincipiente recuperación da economía se debe traducir nunha mellora,tamén, do poder adquisitivo dos salarios, desvalorizados tras máisde oito anos de crise...

Mediadoxa o mes de febreiro, aínda non foi posible consensuar coaspatronais o díxito de aumento salarial para este ano, tal e como seestablecía no III Acordo sobre Emprego e Negociación Colectiva. Osaumentos dos últimos meses sitúan a taxa interanual do IPCno 3 % en xaneiro, prexudicando a capacidade de compra dos fogares.Porén, a proposta das organizacións empresariais fica curta, conaumentos de «ata o 1,5 %», cifra inaceptable, pois suporía a perdade poder de compra dos traballadores e as traballadoras nun contextode expansión da actividade e dos beneficios empresariais.


UGTe CCOO apostan por compatibilizar a mellora de competitividadeempresarial coa mellora dos salarios reais: subas do 1,8 ao 3 %, concláusula de revisión para evitar que o aumento do IPCpor riba da previsión prexudique o pactado.


Ambosos dous sindicatos defenden a recuperación dos salarios, pero taménda calidade do emprego: nos últimos anos non deixou de medrar aprecariedade; hoxe, de cada 100 contratos que se asinan, 91 sontemporais e 9 indefinidos, dos cales unicamente 5 son indefinidos atempo completo.


Isto,sumado a un paro de longa duración que afecta ao 58 % do total depersoas desempregadas, un paro xuvenil que alcanza ao 40 % dapoboación activa galega menor de 25 anos, a caída en 16 puntos dacobertura das prestacións por desemprego —só recibe prestación o53 % das persoas paradas e rexistradas nos servizos públicos deemprego— e unhas baixas pensións que ocupan os últimos postos anivel estatal —e das que dependen cada vez máis familias—conduce a unha situación insostible.


Ossindicatos defenden que a situación actual esixe actuar con urxenciapara rescatar as familias e construír un modelo de crecemento quereduza o desemprego; que atalle a pobreza nas súas múltiplesmanifestacións; que sirva para soster o modelo social recuperando acalidade perdida na sanidade, a educación, a atención ádependencia; que aposte pola industria e a innovación e a ciencia epor un marco democrático das relacións laborais; que recupere acalidade do emprego, a negociación colectiva e o tratamento dodespedimento. Nesta orde de cousas non se pode esquecer a necesidadede derrogar as reformas laborais impostas que tan lesivas están aser para o mercado laboral.

Modificado o ( jueves, 23 de febrero de 2017 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE