Inicio
 
     
Actualidade
Campaña mobilizacións. Stop o encarecemento da vida, por uns salarios dignos. Stop a precariedade Imprimir E-Mail
Escrito por UGT A CORUÑA   
martes, 14 de febrero de 2017

Foto de Ugt A Coruña.Campaña mobilizacións. Stop o encarecemento da vida, por uns salarios dignos. Stop a precariedade!!!!

Nos últimos anos asistimos a unha perda de poder adquisitivo dos salarios, das pensións, das rendas de protección, a un crecemento sostido da desigualdade consecuencia do aumento do desemprego, da precariedade na contratación xunto co aumento de prezos nos suministros básicos como a electricidade, gas e auga; todas elas consecuencia das políticas do gobernó do Partido Popular.

A débil recuperación económica só está a beneficiar aos empresarios e ao sector financiero. O goberno do Partido Popular non pode escurrir o bulto e os empresarios tampouco, son culpables do que está a acontecer; os prezos suben depresa e de xeito descontrolado, os salarios, as pensións e as rendas de protección perden poder adquisitivo, a desigualdade medra e amplios sectores sociais se empobrecen.

 UGT e CCOO sairemos á rua:

 . Contra o encarecemento da vida, especialmente contra a subida de servizos básicos esenciais (electricidade, gas, calefacción...)

. Polas subidas salariais, das pensións e das rendas de protección que permitan recuperar o poder adquisitivo, recuperando o IPC como índice de actualización.

 . Pola creación de máis e mellor emprego.

. Contra a precariedade laboral.

 . Contra a brecha salarial.

 . Pola recuperación de dereitos e da calidade dos servizos públicos.

. Por unha prestación de ingresos mínimos que axude a combatir a desigualdade e a pobreza.

 . Derogación das reformas laboráis.

 Por todo, celebraremos dúas concentracións, unha o vindeiro día 19 de febreiro (domingo) ás 12:00 horas, ante a Delegación do Goberno da Coruña (Praza de Ourense, e o día 22 de febreiro (mércores) ás 12 horas diante da Confederación de Empresarios (Praza Luís Seoane). 

Modificado o ( martes, 14 de febrero de 2017 )
 
Siguiente >