Inicio
 
     
Actualidade
FeSP-UGT Galicia denuncia a sobrecarga de traballo que soporta o transporte sanitario urgente na Cor Imprimir E-Mail
Escrito por FeSP-UGT   
martes, 07 de febrero de 2017

FeSP-UGT Galicia denuncia a sobrecarga de traballo que soporta o transporte sanitario urgente na Coruña


FeSP-UGT Galicia denuncia  a situación que desde hai meses se vén dando no transporte sanitario urxente 061 na área sanitaria da Coruña, na que hai unha gran sobrecarga de traballo. Por este motivo, o sindicato insiste na necesidade de incrementar os recursos dispoñibles para atender a esta poboación.
 
Neste servizo, básico para a cidadanía posto que atenden as urxencias sanitarias na Coruña e zonas limítrofes, os traballadores levan varios meses cunha gran sobrecarga de servizos, chegando a ter problemas para poder dar a substitución de quenda, traballar con servizos en espera por non dalos atendido debido á devandita sobrecarga, co problema grave que pode carrexar para a urxencia que está a esperar, mesmo en ocasións ambulancias doutras zonas son desprazadas para atender esta demanda de servizos, deixando as súas zonas de influencia sen cobertura...
 
Ademais, e a pesar da gran profesionalidade dos traballadores, entendemos que esta situación xera unha tensión que podería repercutir  nestes traballadores e na calidade do servizo que prestan pois moitas veces é en situacións de risco non só para o paciente senón tamén para a súa propia integridade física. Lembremos que este servizo é unha concesión pública dependente da Consellería de Sanidade e esta debería de velar polas condicións nas que os traballadores desempeñan as súas funcións.
 
Desde a Federación de Servizos Públicos de UGT Galicia entendemos que a solución tanto para os traballadores de servizo de 061 como para a correcta atención á poboación desta área sanitaria, sería incrementar os recursos (ambulancias) dispoñibles por parte da administración, que na actualidade móstranse insuficientes para atender a esta poboación, dado que esta situación non é puntual senón que vén alongando no tempo.
Modificado o ( martes, 14 de febrero de 2017 )
 
< Anterior   Siguiente >