Inicio
 
     
Actualidade
Consolídase en Galicia un modelo de mercado laboral baseado na rotación e a baixa calidade dos contr Imprimir E-Mail
Escrito por UGT GALICIA   
miércoles, 18 de enero de 2017

UGT-Galicia advirte de que Galicia aporta case o 19 por cento do incremento do paro de todo o EstadoConsolídase en Galicia un modelo de mercado laboral baseado na rotación e a baixa calidade dos contratos e con menos cobertura para os parados

UGT-Galicia advirte que a recuperación económica se está construíndo sobre emprego precario e isto significa pan para hoxe e fame para mañá, á vez que aboca a millóns de persoas á pobreza laboral.

Urxe un cambio de políticas, apostando polos factores que permiten crecer a medio e longo prazo. Hai que afrontar un triplo reto para os vindeiros anos, inducir un crecemento máis equilibrado, sostible e integrador; xerar máis e mellor emprego, de calidade e con dereitos; e elevar o benestar e a calidade de vida de todos, con especial atención á corrección das desigualdades de todo tipo e a superación das bolsas de pobreza que a crise e as políticas aplicadas estenderon.

VIXIANTES ANTE AS CONTRATACIÓNS DE NADAL

UGT-Galicia lembra aos traballadores, e con máis énfase ante as contratacións de nadal, que, aínda que os seus contratos sexan temporais, teñen dereitos, incluído o de recibir formación, a prevención de riscos, axeitada aos seus postos de traballo, e que poden reclamar que estes se cumpran.

UGT-Galicia tamén lembra ao Executivo galego que nos Orzamentos da Xunta para o 2017 ten un bo instrumento para garantir un cambio de orientación de políticas económicas para xerar máis crecemento, emprego de calidade e a diminución das desigualdades...

Segundo os datos facilitados hoxe, o desemprego medrou en Galicia no mes de novembro un 2,32 por cento, 4.614 desempregados máis. Así, esta Comunidade ten un total de 203.554 desempregados. A evolución en Galicia é máis desfavorable que no resto do Estado, o paro medrou no mes un 0,66 por cento. Galicia achega, nada máis e nada menos, que o 18,6 por cento do incremento do paro do Estado.

En termos interanuais, en Galicia o paro baixou un 9,6 por cento, un 8,7 por cento no resto do Estado.

Por sexos, o aumento do desemprego repercute de igual xeito entre os homes que entre as mulleres, medrando un 3,12 por cento no caso masculino e un 1,68 por cento entre as mulleres. A pesar desta evolución, as mulleres seguen a ter maior peso no desemprego, acadando o 55,3 por cento do total. O mercado laboral, ao retomar unha senda de mellora, beneficia moito máis aos homes.

Por idades, o paro para os menores de 25 anos sitúase en 9.837 persoas, medrando mensualmente nun 5,9 por cento. No ano cae un 15,4 por cento, como consecuencia da saída de efectivos da nosa Comunidade, así como, a falta de relevo xeracional.

Por sectores, o paro aumenta en todos, máis acusadamente en servizos, un 2,65 por cento. No ano contráese en todos.

En canto á contratación, no mes rexistráronse un total de 76.080 contratos, proba da rotación que se dá no mercado laboral galego, xa que o número de asalariados sitúase en torno a 840.000. Cae a contratación no mes nun 11,82 por cento e medra no ano un 11,8 por cento. A porcentaxe de contratación indefinida sobre o total é do 7,93 por cento. No Estado esta porcentaxe é do 8,9 por cento.

A cifra de beneficiarios con prestacións por desemprego en Galicia é tan só de 94.369, en valores mínimos. O carácter contributivo desta prestación está tamén en mínimos, tan só son 38.486 beneficiarios de prestación contributiva. A taxa de cobertura é do 51,7 por cento, moi por debaixo do 54,1 por cento no Estado.

A media de afiliados á Seguridade Social é en Galicia de 968.544 afiliados cotizantes, un 0,31 por cento menos.

Modificado o ( miércoles, 18 de enero de 2017 )
 
< Anterior   Siguiente >