Inicio
 
     
Actualidade
MOBILIZACIÓNS 15 DEC Imprimir E-Mail
Escrito por UGT A CORUÑA   
lunes, 12 de diciembre de 2016

CadroMobil15D_web.jpg

Mobilización 15 de Decembro "por un reparto máis xusto da riqueza: As persoas e os seus dereitos primeiro"


Hai millóns de traballadores en España que seguen sen ter emprego. Hai millóns de persoas con enormes dificultadespara vivir dignamente. E ter traballo non é garantía de conseguilo. Adesvalorización salarial é abafadora. O 35% dos asalariados en España, 5,6millóns de asalariados, cobran en media anual un soldo inferior ao salariomínimo interprofesional (SMI), e, deles, máis de 3,6 millóns de traballadoresviven con menos da metade do SMI.

Os traballadores tivemos que consentir moitos recortes salariais e de condicións de traballo para non perder o posto detraballo ou acceder a un, situación favorecida por unha reforma laboral queimpulsou esa desvalorización no emprego. Hoxe hai moitísimos traballadorespobres. Mentres, vemos como a economía crece e que as empresas obteñenbeneficios. Vemos como saímos da crise económica, pero non da crise social.  O noso país necesita un plan para crearemprego con dereitos.

Para UGT é prioritario rescatar ás persoas deoito anos de intensa crise e políticas de recortes. O crecemento económico nonlogrará iso por si só. UGT lembra que o noso país necesita un plan para crearemprego con dereitos (1 de cada 5 españois está no paro, a metade dosdesempregados son de longa duración, e un de cada dous mozos non ten traballo),para asegurar as pensións e mellorar o sistema de protección social (a metadedos parados non teñen ningún tipo de cobertura) e combater a pobreza crecentemesmo entre a poboación traballadora (700.000 familias non teñen ningún tipo deingresos, 1,5 millóns de fogares teñen a todos os seus membros en paro, e un decada catro cidadáns vive por baixo do limiar da pobreza) mediante melloressalarios e empregos estables.

Agora, o presidente do Goberno afirma estardisposto a abrir o diálogo social, pero o primeiro que fixo foi fixar límites ánegociación e impedir cambiar reformas como a laboral. Por iso, UGT e CCOOacordamos o inicio gradual de mobilizacións, para esixir que se reparta doutramaneira a riqueza e recuperar dereitos para os traballadores. E os cidadánsteñen que ter claro que se quere recobrar os seus dereitos teñen que loitar por eles.

 

Modificado o ( miércoles, 18 de enero de 2017 )
 
< Anterior   Siguiente >