Concentración dos traballadores de Ferroatlántica |
![]() |
![]() |
Escrito por UGT A CORUÑA | |
martes, 22 de noviembre de 2016 | |
PRIMEIRA CONCENTRACIÓN DOS TRABALLADORES DE FERROATLANTICA EN CEETraballadores da fábrica de Ferroatlántica, familiares e veciños concentráronse onte diante do concello de Cee para mostrar a súa oposición á intención da empresa de venda centrais hidroeléctricas, baixo o lema "As Centrais non se Venden. Un cento de traballadores de Ferroatlántica seguen pechados nas instalacións do Concello de Cee, como medida de presión para que a Xunta de Galicia se posicione a favor do mantemento da actividade industrial en Cee. Os traballadores esixen ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo que manteña unha reunión con eles e impida a desvinculación entre a actividade de produción de enerxía hidroeléctrica e a actividade industrial de ferroalealiaxes, co fin de de salvagardar o interese público da explotación dos nosos recursos naturais, que ven sendo a “única garantía dos postos de traballo” segundo o comité de Ferroatlática.As mobilizacións continuarán toda a semana. |
|
Modificado o ( lunes, 12 de diciembre de 2016 ) |
< Anterior | Siguiente > |
---|