Inicio
 
     
Actualidade
As mulleres traballan unha media de dous meses ao ano gratis Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña Cee   
jueves, 10 de noviembre de 2016

As mulleres traballan unha media de dous meses ao ano gratis

As mulleres traballan unha media de dous meses ao ano gratis

Campaña #YoTrabajoGratis, que se desenvolverá do 8 de novembro ata o 31 de decembro 

 A Unión Xeral de Traballadores denuncia un ano máis que a brecha salarial en España, segundo datos de Eurostat, sitúase no 14,9% o que supón que as mulleres no noso país traballan gratis unha media de 54 días (case dous meses).

Para poñer de manifesto esta realidade, o sindicato iniciará unha campaña, co lema #YoTrabajoGratis, que se desenvolverá do 8 de novembro ata o 31 de decembro, o período de tempo no que as traballadoras españolas regalan o seu traballo.

UXT advirte de que as discriminacións no emprego que soportan as mulleres -acceso ao mercado de traballo, modalidades de contratación, duración da xornada, interrupcións de carreira para o coidado de familiares, etc- prexudícanlles economicamente ao longo de toda a vida acentuándose á hora da xubilación.

Os últimos datos da EPA, ademais, mostran o empeoramento da situación das mulleres no mercado laboral e o incremento das desigualdades polo que reclama a aprobación urxente dunha Lei de Igualdade Salarial e esixe ao novo Goberno que adopte as medidas necesarias para facer fronte a esta discriminación.

Segundo os últimos datos de Eurostat, a fonte estatística da Unión Europea, publicados en outubro deste ano, a brecha salarial -a diferenza de salario entre mulleres e homes- en España sitúase en 14,9% salario/hora polo que traballan unha media de 54 días gratis cada ano (en Europa está en torno ao 16,7% salario hora), polo que as mulleres traballan de media 54 días gratis cada ano, case dous meses.

A muller sofre discriminación no acceso ao emprego, nas modalidades de contratación, na duración da xornada, nas interrupcións de carreira para o coidado de familiares e, todas elas acentúan a súa precariedade tras a xubilación.

Segundo os datos da Enquisa de Estrutura Salarial de 2014, últimos datos oficiais que coñecemos, dados a coñecer en outubro deste ano, a diferenza dos salarios medios brutos anuais entre mulleres e homes sitúase nun 23,25% mentres que a diferenza de salario hora é dun 14%. Mentres que eles percibiron, de media, 25.727,24 euros anuais, as mulleres recibiron 19.744,82.

Se a unidade de medida é pequena (salario hora), a diferenza é menor que se sumamos esa diferenza ao longo do día, da semana, do mes ou do ano. Dous euros de diferenza nunha hora, son 16 nunha xornada de oito ou 5.982,42 euros anuais menos de media nun ano. Unha diferenza que, acumulada ao longo da vida laboral ascende a 209.385 euros menos.

Das 7.901.500 mulleres que traballaron en 2014, 2.021.600 mulleres fixérono a tempo parcial. Unha de cada catro mulleres traballadoras ten un contrato a tempo parcial e máis dun millón e medio accederon a este tipo de xornada como única forma de entrar no mercado laboral pero non por vontade propia...


Unha traballadora a tempo parcial recibiu de media 9.690,50 euros brutos anuais en 2014, moito menos da metade do que cobraron as mulleres con xornada a tempo completo que recibiron 25.041,50 euros e a terceira parte do que gañan os homes con xornada completa, 28.318,14 euros.

Ademais, segundo a Enquisa de Estrutura Salarial, un millón e medio de mulleres en España cobran, como máximo o SMI, 9.034,20 euros anuais brutos, unha cifra que se reduce a menos da metade -739.363- homes e só una de cada tres pensións do sistema contributivo da Seguridade Social percíbea unha muller. Tomando como referencia o tramo de idade de 65 a 69 anos, mentres que os homes reciben unha pensión media de 1.327,20 euros, as mulleres só perciben 860,79 de forma que a brecha neste tramo alcanza o 35,14%.

Unha situación que, lonxe de mellorar, co tempo empeora

Os datos da Enquisa de Poboación Activa do terceiro trimestre de 2016 poñen de manifesto o empeoramento da situación das mulleres no mercado laboral e o incremento das desigualdades: Mantense a brecha de xénero no desemprego pero crece a brecha de xénero no emprego xa que descende a taxa de actividade feminina e a ocupación aumenta máis entre os homes que entre as mulleres.

A taxa de emprego feminino sitúase no 45,41% e a masculina no 54,58%, o que supón 9,17 puntos porcentuais de brecha por xénero no emprego, unha cifra que aumenta con respecto do trimestre anterior xa que nos segundo trimestres esta situouse en 8,97 puntos porcentuais.

A pesar de que neste trimestre a taxa de desemprego feminino reduciuse en 1,16 puntos respecto do trimestre anterior, sitúase nun 20,66% mentres que a taxa de paro masculina baixou 1,01 puntos, situándose no 17,39%, mantendo a brecha de xénero, case invariable, en 3,27 puntos porcentuais.

Descende o feminina pero increméntase a masculina, o que provoca un alarmante crecemento progresivo da brecha de xénero que se sitúa xa en 11,65 puntos porcentuais.

O número de mulleres activas baixa en 48.700, situándose nun 53,61%, e o número de homes activos aumenta en 21.400, alcanzando, o 65,26%. Pero é que ademais, a inactividade das mulleres crece no terceiro trimestre de 2016 respecto do segundo trimestre do mesmo ano, case un punto porcentual por dedicación ás laborais do fogar, pasando dun 37% a un 37,9%, mentres que a inactividade dos homes por esta causa segue inalterable (5,9%).

Os datos revelan, ademais, que os coidados familiares non só seguen sendo tarefa case exclusiva das mulleres ?máis do 90% das excedencias por coidado dalgún familiar son solicitadas por mulleres- senón que se está incrementando o número de mulleres que abandona temporalmente o mercado de traballo para dedicarse ao coidado dalgún familiar.

De feito, de xaneiro a setembro de 2016, rexistráronse 40.711 excedencias por coidado de fillo, menores acollidos ou outros familiares, das cales 37.069 (o 91,05%) foron solicitadas por mulleres  e só 3.642 por homes (un 8.95%). Ademais a variación interanual indica que durante este período houbo un incremento de excedencias para o coidado da familia dun 12, 43%.

É necesario ter en conta que durante o exercicio deste tipo de excedencias, as mulleres, que son as que maioritariamente fan uso delas, non perciben ingresos salariais nin ningún tipo de prestación económica da Seguridade Social e que o afastamento do posto de traballo adoita ter consecuencias negativas no emprego tras a finalización dos devanditos períodos.

Modificado o ( martes, 22 de noviembre de 2016 )
 
Siguiente >