Inicio
 
     
Actualidade
26 de outubro Xornada de loita contra as reválidas Imprimir E-Mail
Escrito por UGT   
lunes, 24 de octubre de 2016

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca unha concentración o 26 de outubro na Coruña contra a reválida


A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca unha xornada de loita contra as reválidas, que se celebrará o 26 de outubro en todo o Estado. Na Coruña a plataforma convoca a toda a comunidade educativa a concentrarse ante a Delegación do Goberno este mércores 26 ás 19:30 horas.

 A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia -configurada polas organizacións CCOO, UGT, CONFAPA, SE, IESGA e Escola Viva- reitera o seu rexeitamento ás reválidas –a medida máis agresiva do LOMCE– senón que esixen “a derrogación da LOMCE e a reversión dos recortes sufridos nos últimos anos na ensinanza pública”. A Plataforma apoia a xornada de folga educativa convocada polo sector do alumnado, así coma a proposta da CONFAPA, que promove un baleirado das aulas na nosa comunidade, e animou a toda a comunidade educativa a participar nas mobilizacións.Esta xornada de mobilizacións e unha máis no longo camiño que comezou hai xa cinco anos  e recordou que a comunidade educativa xa manifestou o seu rexeitamento as reválidas o pasado curso cando se realizou a de 6º de Primaria.

Modificado o ( jueves, 10 de noviembre de 2016 )
 
< Anterior   Siguiente >