Inicio
 
     
Actualidade
MOBILIZACIÓNS 6 DE OUTUBRO "DIA MUNDIAL POLO TRABALLO DECENTE Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña Cee   
lunes, 03 de octubre de 2016

MOBILIZACIÓNS 6 DE OUTUBRO "DIA MUNDIAL POLO TRABALLO DECENTE

ALTO Á AVARICIA CORPORATIVA, NON AOS CONTRATOS LIXO, AOS BAIXOS SALARIOS E Á PRECARIEDADE TRABALLO DECENTE XA!!!

UGT Coruña e  CCOO concentráronse onte diante da Delegación do Goberno en Galicia, baixo o lema “Alto á avaricia corporativa. Non aos contratos lixo, aosbaixos salarios e á precariedade. Traballo decente xa!!!”, co gallo da Xornada Mundial polo Traballo Decente que promovendo a CSI cada 7 de outubro. 
 
Un día de mobilización mundial no que todos os sindicatos do mundo se manifestan esixindo o traballo decente. A demanda de traballo decente foi en aumento ano tras ano de resultas do declive que sufriu o mundo do traballo, no que a nova economía global, lonxe de xerar progreso e benestar para as persoas, incrementou a pobreza e a desigualdade a escala mundial.
 
Se os gobernos non poñen límites e condicións á actuación das empresas e estas perseguen como único obxectivo obteren o máximo beneficio ao menor custo, o modelo económico e comercial —baseado en cadeas de subministracións, grandes multinacionais, deslocalización de empresas, subcontratación e franquías— acrecentará a explotación, a desigualdade e a pobreza en todo o mundo.

Nos ámbitos nacional e internacional, este modelo no que prima a avaricia prexudica a millóns de persoas que traballan en condicións de escravitude, explotación ou irregularidade, por salarios baixos ou miserentos que estenden a pobreza. Un modelo que, ademais, suprime dereitos fundamentais, incluídos os que lles permiten ás traballadoras e traballadores organizárense, negociaren e defendérense colectivamente. As políticas de austeridade, as sucesivas reformas laborais e a lei mordaza agravaron a situación.

UGT e CCOO esiximos traballo decente, respecto aos acordos de negociación colectiva e aos dereitos laborais das persoas directamente empregadas polas empresas e as grandes multinacionais, pero tamén dos traballadores e traballadoras que constitúen unha man de obra oculta mediante as diferentes fórmulas de subcontratación, deslocalización ou franquías. É preciso establecer mecanismos reais e efectivos que permitan esixir responsabilidades ás empresas pola súa actuación, tanto dentro coma fóra do noso país.

CCOO e UGT, con motivo da Xornada Mundial polo Traballo decente, esiximos:

ü  Garantir por lei que as empresas que subcontraten —mediante calquera fórmula— sexan responsables subsidiarias dos salarios e da protección social dos traballadores e traballadoras das empresas subcontratadas, con independencia de onde se atopen.

ü  Esixirlles ás empresas que utilizan cadeas de subministración que todos os seus provedores, tanto no noso territorio como no estranxeiro, manteñan condicións de emprego decentes, respecten os convenios colectivos e os dereitos fundamentais, incluídos os dereitos sindicais.

ü  Establecer por lei, como requisito na contratación pública, que as empresas con que se contraten bens ou servizos respecten os convenios colectivos aplicables e condicións de traballo decente, unha esixencia que estendemos ás franquías e filiais das grandes empresas, tanto no noso país como no estranxeiro.

ü  Derrogar as reformas laborais de 2010 e 2012, e recuperar os dereitos arrebatados aos traballadores e traballadoras.

ü  Combater e desigualdade e a pobreza mediante unha prestación de ingresos mínimos que garanta os recursos básicos ás persoas que carecen de emprego.

ü  Establecer subas salariais que contribúan ao crecemento económico e do emprego. No marco da negociación colectiva, profundar no desenvolvemento de cláusulas que axuden a impulsar o emprego e, sobre todo, a mellorar a súa calidade.

ü  Fixar un smi de 800 euros o primeiro ano e subas progresivas durante a lexislatura, ata acadar o 60 % do salario medio do noso país.

ü  Derrogar a Lei 4/2015 de protección da seguridade cidadá (lei mordaza) e o artigo 315.3 do Código penal, que criminaliza facultades esenciais para exercer o dereito de folga.

ü  Instamos o Goberno a modificar o Estatuto dos Traballadores para cumprir a Directiva 1999/70/CE e as sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza da UE o pasado día 14 de setembro, que sinalan a discriminación e o abuso na contratación temporal no noso país.

Modificado o ( viernes, 07 de octubre de 2016 )
 
< Anterior   Siguiente >