Inicio
 
     
Actualidade
Premios 1º de maio 2015 de UGT Coruña: Roberto Pérez Escutia, Fundación Erguete e Domingo González Imprimir E-Mail
Escrito por UGT A CORUÑA   
lunes, 25 de abril de 2016

A Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee homenaxea nos seus premios 1º de maio ao sindicalista Roberto Pérez Escutia, a Fundación Érguete e a do xornalista Domingo González

 

 A Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee celebrou o pasado venres 22 de abril os Premios I de Maio da Unión Xeral de Traballadores nun acto celebrado na súa sede na Coruña (Fernández La Torre, nº 27.)

 Na edición de 2016, UGT Coruña-Cee recoñeceu a traxectoria do sindicalista Roberto Pérez Escutia, afiliado dende hai máis de 20 anos á Federación de Servizos (FES-UGT).

Así mesmo, UGT recoñeceu o intenso traballo desenvolvido pola Fundación Érguete de apoio e integración de toxicómanos. A Presidenta de Érguete, Carmen Avendaño recolleu o premio en nome da Fundación.

Finalmente, UGT fixo tamén un recoñecemento á traxectoria do xornalista de RNE Domingo González González.

ROBERTO PEREZ ESCUTIA

Roberto Pérez Escutia é compañeiro da UGT dende hai case 25 anos. Afiliado da Federación de Servizos, e recentemente prexubilado, despois de ter traballado no sector da Banca toda a súa vida.Roberto participou na actividade sindical da UXT desenvolvendo numerosas tarefas e asumindo tamén diversos postos de responsabilidade.Foi presidente do Comité de Servizos Centrais do Banco Santander en A Coruña, Sº de administración da sección sindicar rexional do banco santanter. Destaca tamén a súa labor como delegado de prevención na súa empresa para toda Galicia.Roberto caracterizouse sempre pola súa intensa labor reivindicativa e a súa colaboración incondicional en todos os ámbitos da nosa organización, poñendo o seu empeño na loita pola consecución dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

 

 

FUNDACIÓN ÉRGUETE- INTEGRACIÓN.

A Asociación de Axuda ao Toxicómano ÉRGUETE constituíuse no ano 1984, como iniciativa dun grupo de familias afectadas polo problema das toxicomanía, moitas deles mulleres, como Carmen Avendaño, que hoxe nos acompaña, que tiveron a valentía de enfrontarse abertamente e loitar contra o narcotráfico, primeiro na provincia de Pontevedra e logo xa en toda Galicia. Anos despois, o 4 de novembro do ano 1999, constitúese a FUNDACIÓN ÉRGUETE-INTEGRACIÓN, coa finalidade de facilitar a inserción social e o acceso ao mercado laboral de persoas con problemas de drogadicción e outros colectivos en risco ou situación de exclusión social (parados de longa duración, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas recluídas e ex recluídas, migrantes e inmigrantes, minorías étnicas). Nun principio o seu labor centrouse na formación ocupacional, a través de Talleres de Emprego e cursos. Co paso do tempo, levando á práctica unha filosofía de integración e para evitar guetos de marxinación, Érguete desenvolverá novos programas de Inclusión Social como o vixente Punto Autoemprego Incorpora (2016).Érquete conta con dúas sedes físicas, unha delas en Vigo, onde nace a fundación, e outra na Coruña, noBarrio das Flores.


DOMINGO GONZÁLEZ

O xornalista ourensán Domingo González é licenciado e doutor en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Domingo pertence ao equipo de xornalistas de Radio Nacional de España desde 1984. Tras gañar a súa praza, cando estaba traballando en Santander, solicitou o traslado á cabeceira territorial en Galicia, con sede na Coruña, onde chegou no verán de 1986. Aquí realizou as funcións de redactor e director-presentador dun magazine matinal de gran éxito. Ao longo da súa traxectoria dirixiu en dúas ocasións o Centro Territorial de TVE en Galicia, e tamén dirixiu centro territorial de Radio Nacional de España alá polos anos 90. Dende o ano 1996 e ata a actualidade, realiza tarefas de redactor en Radio Nacional de España na Coruña.Ademais das súas tarefas xornalisticas, Domingo González fixo os seus primeiros pasos no mundo literario, sendo autor do libro "Cáncer: verdad y esperanza".

Modificado o ( lunes, 25 de abril de 2016 )
 
< Anterior   Siguiente >