Inicio arrow Igualdade arrow CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA DE UGT CORUÑA
 
     
Actualidade
CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA DE UGT CORUÑA Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
martes, 08 de marzo de 2016

UGT Coruña conmemora o día da internacional da muller coa entrega do Premio “8 de Marzo” á delegada de FETE Raquel Méndez Fernández  

 

 Foto: Raquel Méndez recollendo o premio 8 de Marzo de 2016.

 A Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee conmemorá o Día Internacional da Muller Traballadora cun acto reivindicativo que se celebrou o martes 8 de marzo ás 10.30 horas na sede Sindical de UGT Coruña. No acto interviron o Secretario de Organización da Unión Intermarcal de UGT Coruña-Cee e a Secretaria de Igualdade de UGT Coruña-Cee, Isabel Lema, que presentaron os resultados do informe “A Situación sociolaboral da Muller nas comarcas da Coruña-Cee”.

 Entrega do Premio 8 Marzo de 2016 a Raquel Méndez Fernández

Como ven sendo tradicional, UGT Coruña entregou o Premio “8 de Marzo” a unha delegada de UGT como recoñecemento da súa traxectoria profesional.  Raquel Méndez Fernández é Secretaria de Formación de FETE-UGT A  Coruña-Cee e presidenta do comité de empresa do colexio privado concertado Hijas de Jesús da Coruña.

Neste ambiente pouco amable para o noso sindicato, Raquel sempre defendeu con eficacia, discreción e firmeza os dereitos laborais dos seus compañeiros e compañeiras, recibindo a cambio o respecto de todos e o voto da inmensa maioría. Representar a un sindicato de clase, que defende sen ambigüidade os dereitos laborais das traballadoras e traballadores nunca é fácil, pere se isto se fai nun centro educativo de carácter relixioso cunha marcada ideoloxía conservadora, resulta aínda máis difícil.

As escolas da república.  

O acto rematou co visionado dun vídeo documental sobre as “Escolas da República” un proxecto de FETE (http://laescueladelarepublica.es) que rinde homenaxe e quere recuperar a historia da Institución Libre de Ensinanza, e a memoria das mestras y mestres republicanos que soñaron cunha educación baseada nos ideais de igualdade, xustiza e solidariedade.

Modificado o ( martes, 08 de marzo de 2016 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE