Inicio
 
     
Actualidade
Día da internacional da muller 2016 Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
lunes, 07 de marzo de 2016

UGT Coruña conmemorará o día da internacional da muller coa entrega do Premio “8 de Marzo” de UGT Coruña-Cee

 

A Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee conmemorá o Día Internacional da Muller Traballadora cun acto reivindicativo que se celebrará o vindeiro martes 8 de marzo ás 10.30 horas na sede Sindical de UGT Coruña: Fernández La Torre, nº 27, 1º andar (Sala de Xuntas).

 No acto intervirán o Secretario de Organización da Unión Intermarcal de UGT Coruña-Cee, Fernando Vázquez e a Secretaria de Igualdade de UGT Coruña-Cee, Isabel Lema, que presentarán os resultados do informe “A Situación sociolaboral da Muller nas comarcas da Coruña-Cee”.

   Premio 8 Marzo de 2016.

 Como ven sendo tradicional, UGT Coruña entregará o Premio “8 de Marzo” a unha delegada de FETE-UGT como recoñecemento da súa traxectoria profesional e a defensa dos dereitos laborais das traballadoras do ensino.

  Informe UGT Coruña-Cee sobre a situación da muller nas comarcas de A Coruña e Costa da Morte.

UGT denuncia que a crise económica pero especialmente os recortes do goberno do Partido Popular amosan unha maior precariedade laboral entre as mulleres, que sofren unha brecha salarial do 22%. No caso das pensións de xubilacións as diferenzas salariais elévanse ata o 38 por cento, brecha que se incrementa ano tras ano.

Faltan políticas que favorezan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e unha corresponsabillidade real e efectiva entre homes e mulleres no eido familiar, as mulleres enfróntanse a peores condicións de protección social.

Pola contra, o 77,8 por cento das persoas beneficiarias de pensións de xubilación non contributivas en Galicia son mulleres, cuxo importe medio no 2015 foi de 355,01 euros ao mes. Na nosa comarca, a pensión media das mulleres é de 762,12 euros, un 27,8% menor aos 1.055,93 euros que perciben os homes.

Modificado o ( lunes, 07 de marzo de 2016 )
 
< Anterior   Siguiente >