Inicio arrow O Teu Sindicato arrow O Comité Intercomarcal de UGT Coruña-Cee constata unha comarca en crise que sofre a precariedade lab
 
     
Actualidade
O Comité Intercomarcal de UGT Coruña-Cee constata unha comarca en crise que sofre a precariedade lab Imprimir E-Mail
Escrito por UGT A CORUÑA   
martes, 22 de diciembre de 2015

O Comité Intercomarcal de UGT Coruña-Cee constata unha comarca en crise que sofre a precariedade laboral


A Coruña, 18 de decembro. O Comité comarcal de UGT Coruña analizou o pasado venres a situación sociolaboral que está a sufrir a comarcas da Coruña e Costa da Morte. A pesares da suposta recuperación macroeconómica do Estado, a cidadanía destas dúas comarcas -como no resto de Galicia- segue en crise, cun alto índice de desemprego e afectada por peores condicións laborais e de calidade de vida.

Jośe Carrillo, Secretario intercomarcal de UGT, denuncia que “tanto no conxunto de Coruña e Costa da Morte un total de 45.321 persoas están no paro. A súa maior parte, loxicamente, na comarca da Coruña: 40.813. Ao que hai que sumar 4.508 na costa da morte. Un dato aínda máis preocupante é que 21.233 persoas están sen cobertura social de ningún tipo”.

Dende o comezo da crise perdéronse en Galicia preto de 200.000 empregos e a quinta parte da poboación activa está en situación de desemprego. Xa hai 128.000 persoas desempregadas que levan máis dun ano nesta situación e, deles, 90.000 levan máis de dous anos. A isto hai que engadirlle 25.000 parados que buscan o seu primeiro emprego e que por non atopalo só lles queda unha saída, a emigración.

En relación con isto, a precariedade dos fogares galegos é manifesta. Os fogares nos que todos os seus membros activos están en situación de desemprego son 73.100. No 2009, xa con crise, esta cifra era de 44.800. Con este escenario está claro que o deterioro da calidade de vida da cidadanía é cada vez maior. Así, a taxa de risco ou exclusión social é en Galicia do 23,8 por cento.

 

Seguimos sen modelo de desenvolvemento económico para a comarca.

 O Comité comarcal de UGT Coruña coincide en que o aumento do desemprego en Galicia e na comarca é consecuencia da estacionalidade e do débil crecemento económico, polo que a tendencia é que se manteña a precariedade laboral,con contratos temporais e a media xornada.

 Dito feble crecemento débese a axentes externos (baixada do prezo do petróleo, depreciación do euro fronte ao dólar) polo que o risco de recesión é moi forte “para combater isto non se buscaron áreas de negocio no sector industrial, no I+D, nas TICs, nas enerxías renovables, nun modelo enerxético que resolva o problema do sector industrial e a precariedade enerxética da cidadanía”.

 UGT denuncia que “tanto a nivel Xunta como do Goberno Central, non hai un modelo de desenvolvemento económico. Tampouco a nivel local, onde temos un porto exterior sen ocupación”. O desenvolvemento da área metropolitana segue a ser unha materia pendente”

 

Novo Reitor da Universidade da Coruña

O Comité comarcal de UGT Coruña felicitou ao novo Reitor da Universidade da Coruña Julio Abalde pola súa recente elección e manifesta a vontade de UGT de seguir colaborando como se ven facendo ata o momento coa institución universitaria.
Modificado o ( martes, 22 de diciembre de 2015 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE