Inicio
 
     
Actualidade
FETE- UGT ANTE AS ELECCIÓNS A REITORÍA O VINDEIRO 3 DE DECEMBRO. Imprimir E-Mail
Escrito por fete-ugt   
lunes, 30 de noviembre de 2015

FETE- UGT ANTE AS ELECCIÓNS A REITORÍA O VINDEIRO 3 DE DECEMBRO.


 

 


Ante a proximidade das eleccións a reitor da Universidade da Coruña o vindeiro 3 de decembro, a FETE-UGT desde a súa autonomía organizativa e de decisión fronte a calquera goberno ou poder público, e situando como obxectivo inequívoco da organización, a defensa dos intereses doconxunto dos traballadores e a defensa da Universidade como servizo público, manifesta:


Nestas eleccións preséntanse dúas opcións diferentes e opostas no concepto de Universidade, unha defendendo unha universidade pública, aberta, accesible a todos os que a constitúen, alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos, e outra cun concepto de universidade elitista, restritiva e mercantilista.


UGT avalía positivamente en conxunto o labor do goberno actual da Universidade da Coruña, na medida en que se avanzou en materia de modernización, transparencia e participación, se ben fomos críticos con medidas como o decreto de dedicación de profesorado, a política de comunicación, a inacción ante o abuso e os recortes da Xunta de Galicia, pero tamén somos quen de recoñecer o labor de contención do gasto que supón que sexa a única universidade do SUG e das poucas do Estado que mantén o cadro de persoal e está economicamente saneada.

 

Por iso, UGT como sindicato de clase comprométese coa opción máis progresista para o goberno da UDC, encabezada polo compañeiro Julio Abalde Alonso e anima aos tres piares da Universidade, e especialmente ao estudantado, a que participen e aposten co seu voto pola opción que garante a integración, a igualdade de todos e todas nunha institución sólida e moderna.

Modificado o ( lunes, 30 de noviembre de 2015 )
 
< Anterior   Siguiente >