Inicio
 
     
Actualidade
25N. Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
lunes, 23 de noviembre de 2015

CONCENTRACIÓNS 25 de novembro 

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller


UGT e CCOO farán concentracións en todas as cidades, e presentarán un escrito dirixido ao Delegado do Goberno para que tomen as medidas pertinentes para acabar con esta lacra social.

 

Na Coruña a concentración terá lugar o mércores 25, ás 12:00 da mañá, diante da Delegación do Goberno (praza de Ourense), nun acto conxunto con CCOO.

 
O 25 de novembro é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller e, como cada ano, os sindicatos UGT e CCOO manifestamos publicamente o noso rexeitamento á terrible realidade das mulleres, nenas e nenos que sofren a violencia machista decotío nas súas vidas, unha violencia que non cesa e que este ano asasinou 48 mulleres, seis en Galicia, e seis nenos e nenas, dous en Galicia.
 
Ante esta dura realidade, UGT quere denunciar a insoportable extensión da violencia, de todas as violencias machistas: a que sofren as mulleres a mans das súas parellas ou ex-parellas, o acoso sexual e por razón de sexo no traballo, a intimidación na rúa, o acoso na Internet, o abusivo control con que son subxugadas as mozas e, en especial, as terribles consecuencias que estes ataques carrexan na saúde, a integridade, a dignidade e a vida laboral das mulleres. 
 
Unha violencia que non se restrinxe a unha cultura, idade, clase social, rexión ou país: a violencia contra as mulleres ten carácter estrutural e é produto da desigual relación de poder entre sexos.
 
A violencia contra as mulleres no lugar de traballo é unha grave violación dos dereitos humanos. Na Unión Europea, entre un corenta e un cincuenta por cento das mulleres sufriron insinuacións sexuais non desexadas, contacto físico ou outras formas de acoso sexual no traballo. Con todo, segue sen haber unha norma legal mundial que aborde adecuadamente a violencia de xénero no lugar de traballo.
Modificado o ( lunes, 23 de noviembre de 2015 )
 
< Anterior   Siguiente >