Inicio
 
     
Actualidade
UGT e CCOO convocan paros en toda Galicia Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Galicia   
domingo, 15 de noviembre de 2015

UGT-Coruña amosa a súa consternación polos atentados de París cun paro de 5 minutos o pasado luns ao mediodía

UGT e CCOO trasladan a súa solidariedade na súa dor aos familiares das vítimas, e fan un chamamento á sociedade civil e ás súas organizacións sociais e políticas para preparar con urxencia unha gran manifestación contra o terrorismo. Ambos os sindicatos convocaron paros de 5 minutos o luns 16 de novembro 


 

 CONVOCADOS PAROS DE 5 MINUTOS O LUNS, 16 DE NOVEMBRO, ÁS 12 HORAS, EN TODOS OS CENTROS DE TRABALLO

 UGT e CCOO trasladan a súa solidariedade na súa dor aos familiares das vítimas, e fan un chamamento á sociedade civil e ás súas organizacións sociais e políticas para preparar con urxencia unha gran manifestación contra o terrorismo. Ambos os sindicatos convocan paros de 5 minutos o luns 16 de novembro

 As cifras falan por si soas: máis de 140 persoas asasinadas e 180 feridos en varios distritos de París pola acción coordinada e planificada do terrorismo yihadista que volveu a causar dor e morte contra o pobo francés. “Non estamos ante unha acción illada; estamos ante un ataque á democracia e aos dereitos humanos do Estado de dereito, en Francia e no resto do mundo; por iso, tras expresar a nosa dor e solidariedade coas vítimas e as súas familias, corresponde á política e á democracia organizar unha gran manifestación en defensa da paz, a liberdade e a seguridade”.

Neste sentido, CCOO e UGT decidiron convocar un paro de 5 minutos e concentracións de silencio, o luns 16 de novembro, ás 12 horas, en todos os centros de traballo.

 Doutra banda, UGT e CCOO piden á Unión Europea que salga da súa pasividade e active un plan de loita coordinada contra o terrorismo, poña ao servizo das autoridades democráticas francesas todos os recursos da Unión e esixa a plena cohesión dos estados democráticos membros para responder o terrorismo yihadista.

 Tanto CCOO como UGT xa remitiron ao goberno e aos sindicatos galos a súa dor e solidariedade polo sucedido, dor e solidariedade que han de trasladar ás familias das vítimas.

Así mesmo chamamos aos traballadores e traballadoras e, ao conxunto da cidadanía galega, a sumarse e participar en todas aquelas concentracións e actos de repulsa contra esta barbarie e de solidariedade coas vítimas e co pobo francés no día de hoxe a mañá.

Modificado o ( martes, 17 de noviembre de 2015 )
 
< Anterior   Siguiente >