Inicio
 
     
Actualidade
UGT e CCOO impulsan unha proposición de Lei de Iniciativa Popular (ILP) para establecer unha Prestac Imprimir E-Mail
Escrito por UGT A CORUÑA   
jueves, 05 de noviembre de 2015

UGT Coruña recolle sinaturas de apoio para unha proposición de Lei de Iniciativa Popular (ILP) para establecer unha Prestación de Ingresos Mínimos no ámbito de prestación da Seguridade Social

 

http://www.ugtgalicia.org/archivos/97c8abILP_Collage.jpg

 


A finalidade desta Iniciativa Legislativa Popular é a creación dunha nova prestación que amplía a acción protectora da Seguridade Social.

A Prestación de Ingresos Mínimos, está destinada a garantir uns ingresos que aseguren unhas condicións básicas para atender as necesidades máis esenciais ás persoas que, con disponibilidade para traballar, carecen de emprego e duns recursos económicos mínimos para si e, no seu caso, para os familiares ao seu cargo.

Esta prestación, que afectaría a máis de 2 millóns de persoas, “debería estar vinculada á Seguridade Social, financiarse vía Presupuestos Generales del Estado (PGE) e ter unha cuantía de 426 euros, a aumentar en función do número de compoñentes da unidade familiar. Para a súa financiación, precisaríase o 1% do PIB español, un total de 11.000 millóns de euros”.

 

 - INICIATIVA: RESCATAR AS PERSOAS, COMBATIR A DESIGUALDADE.


      -  RESUMO DA PROPOSICIÓN

 

 
< Anterior   Siguiente >