Inicio
 
     
Actualidade
Manifestación en soliedariedade cos refuxiados/as Imprimir E-Mail
Escrito por Ugt Coruña   
lunes, 14 de septiembre de 2015

SOLIDARIEDADE GALEGA COAS PERSOAS REFUXIADAS

Ante a crise humanitaria que asola as persoas que procuran refuxio na UE, as organizacións sindicais UGT, CCOO e CIG; as organizacións políticas PSOE, BNG, EU, ANOVA e Podemos; Asemblea de Cooperación pola Paz; máis outras organizacións políticas e sociais que agardamos que se adhiran, convocamos mobilizacións nas principais cidades o vindeiro 13 de setembro baixo o lema «solidariedade galega coas persoas refuxiadas».

As organizacións convocantes, á procura dunha mobilización aberta e inclusiva, fan un chamamento ao conxunto da cidadanía para participar nestas mobilizacións. Ao remate das mesmas lerase un Manifesto consensuado polas diferentes entidades que promoven esta xornada solidaria.

Na cidade da Coruña a manifestación terá lugar ás 12:00 horas e partirá da praza da Palloza. 

Modificado o ( lunes, 14 de septiembre de 2015 )
 
< Anterior   Siguiente >