Inicio
 
     
Actualidade
UGT valora a diminución do paro pero advirte da baixa calidade do emprego Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Galicia   
jueves, 21 de mayo de 2015

UGT valora a diminución do paro pero advirte da baixa calidade do emprego, con forte caída da contratación indefinidas

 

 

 

UGT non deixa de ver como positiva a baixada do paro nesta Autonomía, cunha diminución dun 2,9 por cento no mes e do 9,4 por cento no ano, de feito estatisticamente pódese afirmar que non houbo unha baixada similar en toda a serie histórica. Case 130.000 parados sen cobertura, 656.000 persoas en risco de exclusión e 96.000 rapaces vítimas da pobreza infantil. O Sindicato demanda unha prestación de ingresos mínimos para 90.000 beneficiarios en Galicia.

As cifras de afiliación á Seguridade Social en Galicia aínda están moi afastadas das rexistradas antes da crise. No conxunto do Estado o desemprego tamén baixou, o 2,67 por cento no mes e o 7,5 por cento no ano. Así, en Galicia o número de parados é de 244.761 e no Estado de 4.333.016 persoas.

Non obstante, UGT-Galicia insiste en que crear emprego non é suficiente, hai que garantir que este é de calidade, co fin de permitir que os traballadores teñan unhas condicións de vida dignas, e que os que xa tiñan un posto de traballo non sigan perdendo dereitos de xeito progresivo como ata o de agora, acompañada esta perda de fortes mermas do poder adquisitivo. Todo isto provoca situacións nas que ter un posto de traballo xa non é suficiente para poder escapar de situacións de exclusión social ou limiares próximos á pobreza...

 

p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 120%; }

De feito, en Galicia máis de 656.000 persoas atópanse en risco de pobreza ou exclusión social e a pobreza severa afecta a 90.000 persoas. Nun contexto de forte incremento do número de fogares sen ingreso algún, do aumento do número de parados de longa duración e da redución das taxas de cobertura no sistema de desemprego.

Así, as cifras do Ministerio de Emprego feitas públicas hoxe reflicten que o número de beneficiarios con prestacións en Galicia cae a 123.886 persoas pero é que destas tan só 50.070 son beneficiarias de prestacións de carácter contributivo. A prestación por desemprego está a perder o seu carácter contributivo, sendo xa o 60 por cento modalidades asistenciais.

Hai 128.251 parados sen ningún tipo de cobertura e a taxa de cobertura está en mínimos históricos, do 53,5 por cento, por moito que baixe o desemprego, a situación daqueles que continúan no paro empeora cada vez máis.

É aquí, neste contexto, no que UGT reclama a prestación de ingresos mínimos como última malla de protección sociolaboral para as familias traballadoras. Sería unha prestación vinculada á Seguridade Social, unha prestación non contributiva dentro dun sistema de acceso universal para todas as persoas que reúnan os requisitos para obtela.

Porque cos actuais instrumentos de protección social non se alcanza a protexer a todas as persoas que se atopan en situación de necesidade. Esta prestación, para a cal UGT ven de presentar no Congreso unha ILP, en Galicia tería 90.000 potenciais beneficiarios, fogares que en Galicia teñen uns ingresos inferiores aos 5.400 euros anuais.

EMPREGO DE BAIXA CALIDADE. A CONTRATACIÓN INDEFINIDA NON CHEGA NIN AO 8 POR CENTO

O Sindicato insiste en que é un bo dato que diminúa o desemprego pero non se pode baixar a garda porque os datos evidencian que o que se xenera é de baixa calidade, sumado isto á perda de dereitos dos que xa tiñan posto de traballo, configura un mercado laboral marcado pola precariedade. Hai que ter en conta que, aínda que a contratación medrou, un 5,23 por cento, no mes, os temporais o fixeron nun 6,9 por cento pero os indefinidos caeron nun 11,12 por cento. No ano a contratación subiu un 16,12 por cento pero a tendencia é a mesma, subindo os temporais nun 18,74 por cento mentres baixan os indefinidos nun 7,98 por cento. De feito, a porcentaxe de contratos indefinidos sobre o total no mes de abril non superou o 7,78 por cento.

Tamén se observa unha contracción na poboación en idade de traballar pola saída da poboación cara fóra e o retorno de inmigrantes cara os países de orixe. Segue a caída do desemprego dos estranxeiros, cunha diminución do 7,4 por cento interanual en Galicia.

Por sexos, o paro baixa en ambos casos pero moito máis entre os homes, o 3,79 por cento e o 2,16 por cento entre as mulleres. O mesmo sucede interanualmente, cunha baixada do 12,96 por cento entre os homes e do 6,05 por cento entre as mulleres.

Por provincias, cae en todas. En Lugo un 3,54 por cento; o 3,07 por cento e A Coruña; o 2,78 por cento en Ourense; e o 2,67 por cento en Pontevedra.

Entre os menores de 25 anos o desemprego baixa moito máis que no conxunto de idades, o 4,32 por cento e no ano nun 20,05 por cento. As razón xa se apuntaban anteriormente, a saída de efectivos desta comunidade e o cambio poboacional.

Se a análise se fai por sectores tamén se observa que cae en todos. Destaca o caso de servizos, con 4.651 desempregados menos, o 63 por cento de toda a caída do paro. Na construción a baixada no mes foi de 1.201; na industria, 897; no sector primario, 448; e no colectivo de sen emprego anterior a baixada foi de 179 persoas.

En relación a hai un ano, o desemprego tamén cae en todos os sectores pero con máis contundencia no da construción, nun 20,44 por cento e na industria un 16,7 por cento.

UGT-Galicia volve advertir do perigo de asentar a recuperación na precariedade dos traballadores e na precariedade das familias. O Sindicato considera que este non é o camiño. Hai que garantir que a saída da crise se produza dun xeito máis xusto e sostible. Polo que o Sindicato reivindica actuacións urxentes para reforzar a negociación colectiva, crear emprego de calidade, mellorar os salarios, estender a protección social e recuperar e fortalecer a democracia.

 
< Anterior   Siguiente >