Inicio arrow Servizos (FES) arrow O persoal de Cobra mobilízase para esixir a subrogación na nova contrata
 
     
Actualidade
O persoal de Cobra mobilízase para esixir a subrogación na nova contrata Imprimir E-Mail
Escrito por FES-UGT Coruña   
miércoles, 29 de abril de 2015

O persoal da empresa Cobra mobilízase diante de Gas Natural Fenosa para esixir a subrogación na nova contrata





Os traballadores e traballadoras de Cobra que realizaban a lectura, corte e reposición de Gas Natural Fenosa concentráronse este mércores de 10 a 11 horas diante dos edificios que a empresa de enerxía ten en Bens para esixir a subrogación de todo o cadro de persoal na nova empresa adxudicataria do contrato, Incatema. 

UGT e CIG denuncian que dende que Incatema se fixo co servizo de lectura, corte e reposición, hai menos de un mes, xa acumula 10.000 ordes de servizo atrasadas, co prexuízo que isto supón para a cidadanía. 

Así mesmo, advirten que non se está a realizar a lectura de contadores, polo que as próximas facturas serán estimativas e poderían supor un incremento no prezo da mesma. Por iso, dende as centrais sindicais pídese aos usuarios e usuarias que revisen as súas facturas e fagan as reclamacións oportunas.

A este respecto, nunha reunión mantida con Gas Natural Fenosa, o pasado 27 de marzo, os representantes da eléctrica aseguraron que ían facer cumprir a lei, “pero nestes momentos teñen contratada unha empresa, Incatema, que non ten convenio de aplicación na provincia da Coruña e ofrece aínda peores condicións que as de Cobra. Está pagando sobre 700 euros por traballar 8 ou 9 horas”. 

UGT e CIG acusan a Gas Natural Fenosa de incumprir todos os compromisos adquiridos cos sindicatos, xa que tampouco mediou coa nova contratista para que asumira o persoal de Cobra. “A día de hoxe tan só temos constancia de 7 traballadores que están en Incatema, e véndose obrigados primeiro a pedir a baixa voluntaria en Cobra”. “

Reclamamos a Fenosa que cumpra a súa palabra e manteña todos os postos de traballo”, engaden. Máis, tendo en conta que a gran maioría dos traballadores e traballadoras de Cobra levan moitos anos realizando este servizo e son as únicas persoas que coñecen a localización exacta de cada un dos contadores, especialmente complexa no medio rural. 

Xunto a isto, a representación sindical acusa a Gas Natural Fenosa de estar en conivencia coas súas auxiliares pois “cunhas condicións laborais precarias a contrata  sáelle máis barata e tanto unhas como outras obteñen máis beneficios”. Sobre este conchabeo entre a principal e as auxiliares, vale dicir que Gas Natural Fenosa retirou a contrata de Cobra na lectura de contadores da provincia da Coruña pero “como premio” vén de entregarlle a contrata de media tensión en Compostela. 

“As intencións de Gas Natural Fenosa son claras: poder contar con traballadores/as  escravizados/as para cada día gañar miles de millóns de euros”. Así as cousas ao remate da concentración deste mércores, o persoal celebrou unha asemblea no edificio de sindicatos da Coruña, na que se acordou levar a cabo un novo calendario de mobilizacións para esixir a súa subrogación.
Modificado o ( miércoles, 29 de abril de 2015 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE