manifestacións do 1º de maio convocadas por UGT e CCOO na Coruña |
![]() |
![]() |
Escrito por UGT Coruña | |
miércoles, 29 de abril de 2015 | |
![]() Os Secretarios Xerais de UGT e CCOO, da Coruña, José Carrillo e Demetrio Vázquez, presentaron o manifesto e os actos do Primeiro de Maio, que neste 125 Aniversario en España se celebra baixo o lema "Así non saímos da crise. As persoas son o primeiro". Neste Primeiro de Maio o obxectivo do sindicatos é o fin das políticas de austeridade e recortes e rematar coas reformas que produciron máis paro, menores salarios, máis pobreza, máis desigualdade. Un cambio radical nas políticas europeas que leven consigo emprego de calidade, o necesario cambio do modelo produtivo, un impulso tecnolóxico e das políticas enerxéticas e o aumento da cohesión social. Os representantes locais de UGT e CCOO defenderon unha saída da crise "máis digna e máis xusta" e criticaron as medidas adoptadas dende 2010, que "alimentaron" unha recesión de consecuencias "desvastadoras" no emprego, a cohesión social e as condicións de vida dos cidadáns. En Galicia, máis da metade dos parados levan máis dun ano buscando emprego, o 90% dos contratos son temporais e que hai máis de 90.000 fogares galegos con todos os seus membros no paro. En España, "seguimos sendo un caso extremo de estragos sociais e laborais das políticas de rescate. Máis alá da recuperación, asistimos a unha regresión social, política e económica. O paro está case no 24%, 6 de cada 10 desempregados son parados de longa duración e o 52% dos mozos están sen un emprego. Ademais, hai unha caída do número de ocupados e dos activos que testemuña a escasa credibilidade que ten a poboación do noso país na recuperación". |
|
Modificado o ( miércoles, 29 de abril de 2015 ) |
< Anterior | Siguiente > |
---|