Inicio
 
     
Actualidade
Premios 1º Maio UGT Coruña-Cee 2015 Imprimir E-Mail
Escrito por UGT A CORUÑA   
lunes, 27 de abril de 2015

UGT Coruña-Cee homenaxea nos seus premios 1º de maio ao sindicalista Santiago Lamas, á Plataforma de afectados pola Hepatite C e ao xornalista Jose Manuel Gutiérrez

 

A Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee homenaxeao o pasado venres, nos seus Premio 1º de Maio, nun acto celebrado na sía sede da Coruña, ao compañeiro Santiago Lamas Piñón, afiliado da federación de servizos para movilidade e consumo de coruña-cee-barbanza.

Santiago Lamas é mariño mercante e conta cunha dilatada traxectoria dentro da nos organización, tras moitos anos de militancia e compromiso coa Unión Xeral de Traballadores, durante os cales ostentou cargos como o de Sº Xeral da sección sindical estatal de UGT en remolques maritimos de salvamento marítimo. Foi tamén Sº nacional do sector do mar na provincia da Coruña, Sº xeral da Federación de Transportes, Comunicación e Mar da Coruña e Sº Organización da Federación de TCM de Galicia. Santiago Lamas Piñon xubilouse no ano 2006 máis aínda non se xubilou da súa actividade sindical, pois é presidente da comisión de control de SMC-Galicia.

Plataforma Galega de afectados e afectadas pola hepatiti C

A Hepatite C é unha enfermidade dentificada en 1989 para a cal non había unha espectativa clara de curación, ata que en 2013 fixeron aparición os fármacos de última xeración capacees de eliminar o virus nun 95% dos casos. O 1 de novembro de 2014 incorporouse o devandito fármaco ao noso sistema nacional de saúde pero só se prescribía a un número moi reducido de casos, deixando fóra de cobertura o 95% dos enfermos de hepatite C.

Ante esta situación tan inxusta, que ía en contra de todos os criterios médicos establecidos por todas as sociedades científicas, os afectados empezaron a organizarse para esixir os seus dereitos. En Galicia, o día 19 de decembro de 2014 constituíuse a Plataforma Galega de afectados e afectadas pola hepatiti C, co fin de iniciar mobilizacións para esixir o acceso aos tratamentos por parte de todos os afectados por esta enfermidade, siguiendose criterios exclusivamente médicos.

A partir dese momento comeza a loita da plataforma, realización de múltiples accións de rúa, como marchas, reunións con grupos parlamentarios, roldas de prensa, Participación activa na manifestación en defensa da sanidade pública...Finalmente, dende o 1 de abril de 2015, no SERGAS, todos os enfermos de hepatite c con algún grao de fibrose teñen dereito a recibir este novo tratamento.Esta conquista foi froito da loita de todos os colectivos de afectados e do incrible apoio obtido da inmensa maioría da sociedade.

José Manuel Gutiérrez

Xornalista da OPINIÓN A CORUÑA, leva traballando no sector da comunicación máis de 25 anos, entre a radio e a prensa escrita. Case sempre en información local, aínda que tamén o fixen na económica. Durante este período cubrín numerosas informacións referidas a conflitos laborais na cidade, nos que mantivo unha continua relación cos sindicatos.Unha das súas ocupacións nos últimos anos foi a de moderar debates sobre temas de actualidade en La Opinión, nos que en numerosas ocasións solicitamos a participación dos representantes sindicais para que expuxesen a súa visión sobre a situación económica e social coruñesa, galega e española.

Modificado o ( lunes, 27 de abril de 2015 )
 
< Anterior   Siguiente >