Inicio
 
     
Actualidade
O Banco de Alimentos Rías Altas recibe unha axuda do fondo de solidariedade de ATLANTIS seguros Imprimir E-Mail
Escrito por Isabel Lema   
miércoles, 08 de abril de 2015

O Banco de Alimentos Rías Altas recibe unha axuda do fondo de solidariedade de ATLANTIS seguros 

 


 

 O grupo asesor ATLANTIS creou un fondo de soliedariedade a nivel estatal. No seu programa de axudas para o ano 2014 presentáronse 37 proxectos de todo o Estado, para os que se concederon 22 donacións por un total de 37.000€. Dentro de ditos proxectos, recoñeceuse o traballo do Banco de Alimentos Rías Altas da provincia da Coruña, polo seu compromiso e soliedariedade coa máis desfavorecidos. Atlandis concedeu unha axuda de 2.000€ que se entregou nun acto público celebrado o pasado 31 de maio na sede de UGT Coruña. 


No acto participaron Luís Camba, presidente do Banco de Alimentos, Luís Míguez, director comercial de Atlantis, José Antonio Gómez, Sº Xeral de UGT Galicia e José Carrillo, Sº Xeral de UGT Coruña-Cee. 

ATLANTIS é filial de tres grandes grupos aseguradores no ámbito da economía social europea, que presta servizo a máis de 22 millóns de clientes. O seu obxectivo é ofertar unha alternativa ao seguro tradicional, poñendo a economía ao servizo das persoas. Son tamén accionistas de Atlantis os sindicatos UGT e CCOO.
Modificado o ( miércoles, 08 de abril de 2015 )
 
< Anterior   Siguiente >