Inicio
 
     
Actualidade
CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA DE UGT CORUÑA Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
viernes, 06 de marzo de 2015

UGT Coruña entrega o premio 8 de marzo ao comité de empresa de CLEANET.

A Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee conmemorou o Día Internacional da Muller Traballadora cun acto reivindicativo que se celebrou este venres 6 de marzo ás11.00 horas na sede Sindical de UGT Coruña.

No acto interviron a Secretaria de Organización de UGT Galicia,Delia Irene Martínez e a Secretaria de Igualdade de UGT Coruña-Cee, Isabel Lema e no que fixeron recoñecemento do traballo sindical e do esforzo desempeñado polas compañeiras en defensa dos dereitos da clase obreira, nun ano especialmente duro para moitas mulleres da comarca que están a sufrir as consecuencias da crise económica e os recortes sociais, tal e como amosan os recentes datos do paro.

Segundo apuntou Isabel Lema, “As mulleres seguen tendo unha tasa de paro maior e máis alta que hai un ano. O 51,8% das persoas desempregadas comarca da coruña no ao 2014 foron mulleres (46.383 en total). Actualmente, na nosa comarca, máis de 24.405 homes e 26.951 mulleres atópanse sen traballo. Só nacidade da Coruña, 11.825 mulleres e 10.449 homes buscan emprego”. En total, o 14% da poboación coruñesa (22.274) estaba no paro a data de 28 de febreiro de 2015. Por sectores, a crise segue afectando á construcción(moi masculinizado) e ao comercio, contabilizándose un total de 4.350 desempregadas neste sector na nosa comarca.

O informe presentado por UGT Galicia, “Traballar igual, cobrar igual, conciliar igual” mostra que as mulleres representan tan só o 40,3% das contrataciones a tempo completo. “As mulleres son obrigadas a aceptar un emprego a tempo parcial ou temporal, porque teñen cargas familiares ou non lles ofrecen un contrato mellor. As mulleres sufrindo unha maior segregación ocupacional, maior temporalidade e maior risco de exclusión social. A crise e os austericidio son a causa desta situación” manifestou a secretaria de organización de UGT Galicia, Irene Martínez.

Premio 8 Marzo de 2015: sección sindical de CLEANET.

Este ano, dentro dos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller Traballadora, UGT Coruña premiou ás traballadoras de Cleanet, empresa do sector servizos, recoñecendo así a súa dura labor en defensa das condicións laborais na súa empresa, a cal prestaba os servizos de limpeza nos centros de traballo do Ministerio de Defensa. O premio foi recollido pola delegada sindical María Castiñeiras en nome de toda a sección sindical.

En maio do 2014, a empresa Cleanet iniciou unha reiteración de retrasos, no pago dos salarios das traballadoras, polo que estas comezaron a mobilizarse, levando a cabo unha serie de concentracións, nos diferentes centros do Ministerio de Defensa en Coruña.

A citada situación agravouse no pasado mes de agosto, cando a empresa deixou de pagar ás traballadoras en tódolos centros a nivel estatal. Nese momento, as nosas compañeiras, lideraron unha folga indefinida, que se comezou o 27 de outubro do 2014, e que aínda hoxe continúa vixente, en espera da resolución do conflito, coa rescisión da concesión á empresa, e a adxudicación a outra, como pedían as traballadoras. O empeño e a resolución das compañeiras, foi determinante para poder manter unha folga de case cinco meses, non exenta de dificultades nese longo camiño de loita sindical.

 Proxección do corto “Contigo Siempre” de Nuria García Montiel

Para rematar o acto, proxectarase o Corto da cineasta coruñesa Nuria García Montiel presentará o corto "Contigo Siempre", que recibiu varios premios internacionais, e aborda unha problemática moi vencellada ás mulleres.

Modificado o ( jueves, 19 de marzo de 2015 )
 
< Anterior   Siguiente >