Inicio
 
     
Actualidade
“Premio 8 de Marzo” 2015 Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
jueves, 05 de marzo de 2015

8 de Marzo. Día Internacional da Muller TraballadoraMaña, venres 6 de marzo, UGT Coruña entregará o “Premio 8 de Marzo” a Maria Castiñeiras, delegada da empresa Cleanet.


A Coruña, 5 de marzo de 2015. A Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee conmemorará o Día Internacional da Muller Traballadora cun acto reivindicativo que se celebrará o venres 6 de marzo ás 11.00 horas sala de xuntas de sede de UGT Coruña (Fernández Latorre, 27, 1º andar).

No acto intervirán a Secretaria de Organización de UGT Galicia, Delia Irene Martínez e a Secretaria de Igualdade de UGT Coruña-Cee, Isabel Lema, que presentará os resultados do Informe “Traballar igual, cobrar igual, conciliar igual”.

Un ano máis a UGT da Coruña fará recoñecemento do traballo sindical e do esforzo desempeñado polas compañeiras en defensa dos dereitos da clase obreira. O informe de UGT revela que a crise e as medidas de austeridade dos gobernos do PP levaron ás mulleres españolas e galegas tivo como consecuencia que hoxe as mulleres estean en maior situacion de vulnerabilidade, aumentando a desigualdade entre homes e mulleres. A crise afectou a ambos sexos, pero en maior medida ás mulleres.

 

  • Premio 8 Marzo de 2015.

Mañá, UGT Coruña fará entrega do tradicional Premio 8 de Marzo que, nesta ocasión, se á compañeira da Federación de Servizos Públicos maria Castiñeiras, delegada da empresa CLEANET, onde as traballadoras da empresa levan un proceso de preto dun ano de concentracións e denuncia da vulneración dos seus dereitos laborais e o impago dis seus salarios.

Para rematar o acto, proxectarase o Corto da cineasta coruñesa Nuria García Montiel presentará o corto "Contigo Siempre", que recibiu varios premios internacionais, e aborda unha problemática moi vencellada ás mulleres.

Modificado o ( jueves, 05 de marzo de 2015 )
 
< Anterior   Siguiente >