Inicio
 
     
Actualidade
Premios Luis Tilve 2014 Imprimir E-Mail
Escrito por UGT A CORUÑA   
lunes, 02 de marzo de 2015

Premios Luís Tilve 2014 

Esta mañá, ás 11:30 horas, a Fundación Luis Tilve entregará os Premios Luis Tilve 2014, no salón de actos da Fundación ONCE da Coruña, sito no Cantón Grande, nº 3. O acto contará coa asistencia de representacións sociais e institucionais, sendo aberto a toda a cidadanía que queira asistir.

O xurado, presidido por Fernando González Laxe, decidiu conceder os seguintes premios: 

- Premio Traballo Digno: Ós "61 de Santa Bárbara", pola súa loita na defensa dos postos de traballo e da continuidade da actividade industrial da factoría coruñesa. O seu prolongado encerro contra o peche da factoría e a favor dun plan de viabilidade, aínda a costa de importantes riscos persoais, recibiu un amplo apoio social na cidade da Coruña e na súa comarca, conseguindo que o Goberno de España asumise o plan de viabilidade, aceptando abrir unha licitación pública para adxudicar a concesión das instalacións e recuperar a actividade industrial.

- Premio Acción Solidaria: Á asociación ADICAE Galicia, asociación sen ánimo de lucro, pola súa destacada labor na defensa dos usuarios de bancos, caixas de aforro e seguros, defendendo os intereses dos cidadáns fronte a banca e o poder financieiro, sobresaíndo a súa dedicación ós afectados das "participacións preferentes" en Galicia e noutras comunidades autónomas. O seu traballo exténdese, na actualidade, a outros colectivos de consumidores e usuarios afectados por fraudes ou prácticas abusivas nos diversos sectores de actividade.

- Premio Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns: Á Fundación LONXANET para a pesca sostible, pola súa dedicación e traballo estreito cos pescadores artesanais en aras da sostibilidade social, económica e ambiental. O Xurado valorou, especialmente, a contribución no fortalecemento da pesca artesanal e das súas poblacións, establecendo vínculos co sector pesqueiro e resolvendo as problemáticas destes pescadores, posicionándoos como gardiáns dos ecosistemas acuaticos nos que realizan as súas actividades, en base ás boas prácticas e o desenrolo sostible, con proxectos como a creación de áreas mariñas de interese pesqueiro coxestionadas, a constitución de Grupos de Acción Costeira, o Proxecto "Gestión Holística de la pesca artesanal", a promoción de debates europeos e espacios de intervención, a sensibilización da sociedade na sostibilidade socioeconómica e ambiental, etc.

- Premio Investigación e Divulgación Histórica: Á xinecóloga Enriqueta Barranco Castillo e ó catedrático da Universidade de Granada Fernando Girón Irueste, pola súa labor histórica, promoción e traballo na recuperación, dende os anos 80, da figura do intelectual, socialista, catedrático e médico galego, Alejandro Otero Fernández. Esta labor se iniciou coa realización dunha tese doutoral sobre Otero, que despois se completaría coa publicación da súa biografía e a creación da cátedra de investigación Alejándro Otero na Universidade de Granada. Así mesmo, tras 30 anos de estudo e investigación, publicaron novos traballos e colaboraron na creación dunha asociación na vila de Redondela, coa denominación do ilustre médico, nado na mesma, e participaron en numerosos actos e actividades culturais na procura de dignificar o nome de Alejandro Otero, tanto en Galicia como na comunidade andaluza ou México, onde o seu labor tamén é recoñecido. 

Modificado o ( lunes, 02 de marzo de 2015 )
 
< Anterior   Siguiente >