Inicio
 
     
Actualidade
O Comité Intercomarcal de UGT Coruña-Cee alerta do desmantelamento do tecido industrial da comarta a Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
domingo, 01 de febrero de 2015

 

O Comité Intercomarcal de UGT Coruña-Cee alerta do desmanteento do tecido industrial da comarta ante a impasividade das administracións

 O III Comité Intercomarcal de UGT Coruña-Cee, reunido o pasado día 30 de xaneiro da Coruña analizou a situación de deterioramento económico que sofre Galicia e as comarcas de Coruña e Costa da Morte, e que segue a manterse a consecuencia das reformas laborais e dos recortes levados a cabo polo Goberno do Partido Popular e deixa unha situación de absoluta precarización do mercado laboral, reduccións salariais impostas pola patronal e altos índices de desemprego que non se están a reducir pese as boas previsións dos responsables políticos.

 En palabras do Secretario Xeral de UGT Coruña-Cee, José Carrillo, “O fracaso das políticas de recorte é evidente. Contamos actualmente con 50.818 desempregados na nosa estructura intercomarcal, un total de 45.653 parados no entorno da Coruña, e 5.165 na comarca de Cee. É certo que baixamos preto de 5.000 parados, pero en xeral as subidas e baixadas son temas puntuais estacionais”.

 Asi mesmo o sindicato recalta que os novos contratos non garantizan un nivel de vida dignos, son temporais, a tempo parcial nunha alta porcentaxe, que segue perxudicando maiormente ás mulleres. Estamos sufrindo unha auténtica situación de exclusión social que afecta a miles de traballadores precarios, parados e ás suas familias e ás que o Goberno non sabe darlle solucións parciais como as axudas de 426€ a parados de longa duración”, En Galicia hai 117.000 parados sin prestación (48 de cada 100).En 32.000 fogares non hai perceptores de ingresos. A nosa comarca hai 11.800 parados en Risco de exclusión social.

 Defensa dos dereitos e dos servizos públicos.

O Comité Intercomarcal manifesta a súa preocupación pola situación dos servizos públicos, especialmente da sanidade, o dereito á xustiza gratuíta e da educación. No CHUAC, os servizos de urxencia están colapsados a maioría das veces, faltan profesionais, medicamentos, material sanitario, etc. os que sofren as consecuencias son os usuarios e os profesionais. UGT esíxelle á Xunta de Galicia unha solución inmediata a esta situación.

 Desmantelamento do tecido industrial

A nosa comarca necesita reorientar o modelo produtivo e acadar un maior peso no tecido industrial que poña fin a desaparición de empresas emblemáticas na nosa comarca. “Non hai solución nin para Emesa Coirós, nin Alcoa, nin Cerámicas O Castro, nin a Fábrica de Armas, entre outras. Existen nichos de emprego importantes que a comarca podería captar, pero para o que se precisa o respaldo decidido das administracións públicas para consolidar esas oportunidades”.

Movilizacións: UGT convoca, xunto cos demáis sindicatos, o vindeiro 18 de febrero, unha movilización pola defensa do dereito de folga e contra a “lei mordaza”.

Modificado o ( domingo, 01 de febrero de 2015 )
 
< Anterior   Siguiente >