Inicio
 
     
Actualidade
Manifestación ALCOA na Coruña Imprimir E-Mail
Escrito por MCA-UGT Coruña   
domingo, 14 de diciembre de 2014

Máis de 5.000 persoas maniféstanse na Coruña para reclamar que non se peche ALCOA

 

Enlace permanente de imagen incrustada

 

Á espera de que as administracións públicas movan ficha e non permitan o desmantelamento dun sector industrial estratéxico no país, miles de coruñeses secundaron a manifestación convocada o pasado venres pola a plantilla de Alcoa da Coruña. Traballadores e cidadáns, aos que se sumaron compañeiros das plantas de Viveiro e Asturias, cortaron o centro da cidade para reclamar unha política enerxética que permita que a fábrica de Alcoa siga aberta.

Con máis de 300 traballadores afectados polo peche, a multinacional propietaria négase a investir nunhas instalacións (moi competitivas no mercado), debido ao sistema de tarifas enerxéticas de España, que supoñen uns altísimos custes fixos da planta.

Os traballadores esixen unhas tarifas enerxéticas fixas, bonificadas e estables, que permitan á empresa planificar a medio prazo a estratexia das fábricas de Galicia e Asturias.

Os traballadores de Alcoa na Coruña atópanse en folga dende hai preto dunha semana, sen que haxa ningún tipo de actividade industrial na planta e continuarán con movilizacións nos vindeiros días, mentres continúan en busca dunhas solución para a viabilidade das plantas afectadas.

Modificado o ( martes, 23 de diciembre de 2014 )
 
< Anterior   Siguiente >