Inicio
 
     
Actualidade
Concentración da Alianza Social galega o 13 de novembro na Coruña Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
martes, 11 de noviembre de 2014

Concentración da Alianza Social galega o 13 de novembro na Coruña

 

A presentación para a súa aprobación, no Congreso dos Deputados, da nova Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá vai implicar reformas legais que restrinxen os dereitos de manifestación e reunión en espazos públicos da cidadanía.   

Dita lei establecerá una política sancionadora desproporcionada, con una perda de garantías xudiciais e unha ampliación do poder sancionador da autoridade. En definitiva, o Partido Popular, con esta lei, quere reducir a liberdade de expresión da cidadanía, rebaixando a calidade da democracia no Estado.

Por dito motivo, as centrais sindicais UGT, CCOO, CIG e demáis colectivos que conforman a plataforma da Alianza Social Galega, celebraremos unha CONCENTRACIÓN o vindeiro xoves día 13 de novembro, ás 20:00 horas diante da sede do Partido Popular (Sanchez Bregua, 13, A Coruña).

 

Seguidamente, UGT e demais centrais e colectivos cidadás convocamos unha MANIFESTACIÓN o domingo 23 de novembro ás 12:00 con saída dende a Praza de Pontevedra ata a Delegación do Goberno na Coruña. 

Modificado o ( martes, 11 de noviembre de 2014 )
 
< Anterior   Siguiente >