Inicio
 
     
Actualidade
UGT-Galicia rexeita calquera sospeita ou dúbida sobre a formación Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Galicia   
martes, 04 de noviembre de 2014

UGT-Galicia rexeita argumentadamente e despexa calquera sospeita ou dúbida sobre a formación que ofrece o Sindicato

 
Reivindica o traballo que durante anos ven realizando para favorecer aos traballadores e traballadoras da nosa Comunidade á hora de mellorar as súas condicións laborais e a empregabilidade cun instrumento que consideramos fundamental, como é a formación.

UGT-Galicia sométese regularmente aos controis que o Goberno establece para a formación e pon a disposición de todas as institucións con competencias para a inspección, seguimento e control da formación toda a información sobre os cursos, os alumnos, a xustificación dos seus custos e calquera outra cuestión relacionada cos mesmos.

Denuncia que non se pode confundir á opinión pública, mesturando a investigación sobre supostas tramas organizadas, cos informes de control dos axentes que participan na formación. Non hai nóminas de 4.000 ou 5.000 euros, xa que non existen retribucións mensuais desta contía nin en UGT nin na Federación de Servizos. Ás cantidades salariais que se refiren nos medios de comunicación correspóndense con programacións anuais de 2010-2011.

O propio Consello de Contas salienta que se puido comprobar que UGT-Galicia leva, mediante un programa informático, un completo estudo de imputación dos seus custos de estrutura que lle posibilita un adecuado control da totalidade dos imputados a cada comprobante.
 
LINK coa información completa: http://www.ugtgalicia.org/cont.php?id=0189caa552598b845b29b17a427692d1
 
Modificado o ( domingo, 09 de noviembre de 2014 )
 
< Anterior   Siguiente >